viernes, 31 de mayo de 2013
IMOS AO MUSEO
jueves, 23 de mayo de 2013
ANDY WARHOL NO BURGO
O Proxecto de Arte deste trimestre trata sobre Andy Warhol, propulsor do POP ART.
As súas obras son ben recoñecidas: Marilyn Monroe, superhéroes, animais, zapatos, plátanos, botellas de coca-cola, a famosa lata de sopa Campbell... e un sin fin de obxectos triviais e persoaxes aos cais foilles dando cor e forma dende outra perspectiva creativa.
Nós aprendemos cousiñas interesantes da súa vida persoal e descubrimos que era moi excéntrico:
- Sabiades que tiña 25 gatos e a todos chamaballe SAM?
- E qué lle gustaba poñer perrucas de distintas formas e cores para ir pasear?
- Tamén fixo moreas de "cápsulas do tempo" que ía escondendo.
- E encantáballe facer fotos coa súa cámara.
A entrada de hoxe amosa moitas tarefas plásticas que xa realizamos con anterioridade.
Esperemos que vos agrade velas!
VÍDEO 1
VIDEO 2
jueves, 16 de mayo de 2013
17 DE MAIO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013
Imos deixar para a vindeira semana os traballos de Andy Warhol, e adícaremoslle a entrada desta semana ao único protagonista indiscutible o afamado dramaturgo galego
ROBERTO VIDAL BOLAÑO.
Este ano, o Día das Letras Galegas xira entorno á súa figura.
Se queredes xogar e aprender un pouquiño máis sobre él, premede nos ENLACES propostos:
Estes días preparamos uns traballiños para levar á casa sobre o homenaxeado. Aquí estamos preparando algúns deles.
A ponte das letras galegas abrangue dende o venres 17 ata o luns 20 de Maio inclusive.
A nosa compañeira Aita estivo de cumpre o luns, e convidounos a unha tartiña de chocolate e nata que estaba moi fresquiña. Parabéns pequerrecha! Xa eres toda unha moza de 5 anos!
Onte tivemos unha pequena actividade de tiro con arco no polideportivo dos maiores,
foi toda unha sorpresa para nós!
viernes, 10 de mayo de 2013
WARHOL E BONILLA DÚAS EXPERIENCIAS DE MARAVILLA!
Excursión a Bonilla!
A outra semana fomos de excursión á Fabrica das patacas fritidas BONILLA.
Aprendemos unha morea de cousas e chamounos a atención outras tantas... Era a primeira vez que estábamos nunha fábrica, e nunca viramos tantas máquinas xuntas, tivemos que tomar certas medidas de precaución: mandilóns brancos, todos xuntiños e en fila, non tocar pero si ver! Decatámonos que todo funcionaba en cadea e estaban moi ben organizados:
1º As patacas estaban almacenadas en sacos xigantes.
2º Os sacos de patacas baleirábanse nunha máquina que as pelaba.
3º Outra as lavaba e a seguinte as cortaba moi finiñas.
4º Lavabanse outra vez e de seguido freíanse.
5º Seleccionábanse e metianse en bolsas e caixas.
6º Despois distribuíanse.
E listas para comer!
Ummmm!
Aquí podedes ver todo o proceso e as nosas cariñas!
Nós xa comezamos a Warholear!
Dende fai tempo... estamos a traballar en ARTE a Andy Warhol;
Queredes ver as caras que temos?
Pois premede neste vídeo! Ides quedarvos a CORES....!
Nas vindeiras semanas amosareivos todas as cousiñas que temos feitas sobre o POP ART estou segura que xa tedes curiosidade verdade?
Ata a próxima!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)