O mes pasado fomos todos ao teatro, para moitos de nòs era a primeira vez que íamos no bus.
Algúns estábamos nerviosos/as e moi entusiasmados/as con esta nova experiencia.
Mirade as nosas cariñas! VÍDEO AO FINAL DA PUBLICACIÓN
No teatro, vimos as representacións de 4 contos, adicados ao tratamento de contidos, contra a violencia de xénero e a igualdade de oportunidades entre ambos sexos.
O vindeiro mércores 21 de Decembro, derradeiro día de clase, antes das vacacións de Nadal, tódolos nenos/as do Feal, teremos a oportunidade de volver a ir no bus a ver no CINE, a película:
E os maiores ésta:
............................................................................. TRABALLAMOS AS EMOCIÓNS Ao longo do 1º trimestre, traballamos as cores e as emocións, a partires do conto de Monstruo de cores. Dramatizacións, interpretacións dos sentimentos, expresións... deron cábida a numerosas actividades. Aquí pódedes ver, o ben que interpretamos!
Para rematar a entrad de hoxe... aquí estamos facendo os nosos traballiños, antes das festas de Nadal. Xa temos todo case listo!
Estou segura, que esta pregunta a fixechedes moitos paIs e nais nas últimas semanas, aos vosos/as nenos/as.
Algúns a tarerarían, outros xa a saben, ou cantan anacos....
Esa canción que recitan os nosos/as pequerrechos/as, ven da mán do archicoñecido MONSTRUO DE COLORES.
Libro moi orixinal, creativo e sinxelo, onde os nenos/as aprenden a interpretar as súas emocións, empregando as cores para identificalas.
Esta é a canción.
Premede no vídeo para vela, e convidade aos vosos/as fillos/as a cantala.
Xa veredes que contentos/as se poñen!
IkerCalvo fai un tempo trouxonos un Monstruo feito pola súa nai, co que xogamos e fixemos actividades, e tiña un bote con lazos de cores que representaban tódalas emocións.
Pero... a foto está moi escondidiña e a profe non á atopa.
Tan pronto apareza amosovola!
Outra cancionciña, coa que empezamolodía é esta:
Por último, para rematar a entrada cantureira do blogue, a outra canción que cantamos e coa que aproveitamos para traballar os elementos da cara é a seguinte.
A través da música e as cancións, desenvolvemos habilidades tales cómo a potenciación do desenvolvemento intelectual, a agudeza auditiva, visual, sensorial, coordinación motriz e rítmica, favorece a expresión corporal e emocional, mellora as súas habilidades lingüísticas e amplia vocabulario, incrementa o desenvolvemento das habilidades sociais. . . tamén aporta tranquilidade, desfrute, alegría, serenidade. . . segundo os xéneros e formatos músicais que empreguemos.
Por eso está moi presente a música nas aulas de infantil.