MAGOSTO 2017
Unha vez máis puidemos desfrutar con tódolos/as compañeiros/as de Primaria, Infantil e Freixeiro da degustación de CASTAÑAS ASADAS e un vasiño de leite.
O tempo non acompañou moito ese día, e tivemos que estar no pavillón e non puidemos desfrutar dos xogos populares que estaban organizados. Pola outra banda, tamén somos moi conscientes da necesidade de auga que precisamos!
Xogos populares, pasados por auga!
Teacher Luís e o mestre José Manuel, asando castañas.
AQUÍ TEDES AS FOTIÑOS
Todos moi ben sentadiños e organizadiños, preparados cos nosos tetrabriks para comelas castañas.
A continuación, podedes ver neste vídeo os tetrabriks, tan chulis que confeccionaron as nosas familias, moi creativos e orixinais. Gracias pola colaboración!