Este curso, estamos a aprender moreas de cousas acerca das abellas. A apicultura é un tema extenso e apaixoante e cheo de curiosidades. Ao longo destas semanas as familias do Feal, trouxeron moreas de cousiñas que nos están permitindo aprender e descubrir cousas acerca da vida das abellas, o mel, as colemeas, funcións do apicultor... Polo de pronto, no seguinte vídeo convertímonos durante uns segundos en auténticos APICULTORES, gracias a Fran o pai de Marcos que nos deixou na aula a protección que emprega o apicultor para acceder as colmeas co fin de sustraer o mel ou observar o estado dos panais.
Elaboramos entre todos/as un mural moi chuli, que recrea unha colmea natural e o seu apicultor traballando.
AUTÉNTICA EXPERIENCIA DUN APICULTOR
Fai unhas cantas semanas, tivemos unha visita moi especial... Fran o pai de Marcos é apicultor.
Raquel e Fran acompañados de Marcos, explicaronnos a todos moitas cousas acerca das abellas, falamos da indumentaria do apicultor, medidas de seguridade para que non piquen, observamos un panal con mel, prendemos o afumador, observamos nun vídeo como elboran o mel na casa e o envasan…. e sobre todo aprendimos moitas curiosidades: Sabedes canto pode vivir unha raíña? Cántos tipos de abellas viven nunha colmea? Todos teñen aguillón? Cales son as súas funcións dentro? Sabedes que as abellas teñen unha pista de aterraxe para acceder á colmea? ….. E MÁIS COUSAS...
PREMEDE NO VÍDEO para observar con máis detalle a experiencia de aula.
Pronto teremos outra experiencia semellante a ésta, estamos ansionsos e preparados para facer preguntas e resolver dúbidas. Na seguinte entrada do blogue, aproveitaremos para amosar todas as cousiñas que aportachedes ao RECANTO DAS ABELLAS
De ben é sabido, que a case tódolos rapaces de infantil os animais encántalles.
Amosan interese polo seu aspecto físico, características, habilidades, costumes, hábitats, alimentación...
Este curso, algún nenos/as trouxeron animaliños para observar na aula.
Noel trouxo unha MANTIS RELIXIOSA e Laura un OURIZO.
Aproveitamos para falar da Mantis relixiosa: onde vive, alimentación... e principalmetne como se camufla e mimetiza coa contorna , ao igual que outras especies que descubrimos nos seguintes vídeos:
Noel contounos que o aotopou preto da casa da súa avóa, dando un paseo.
Ao finalizar a clase, soltámola preto dà ventá da aula.
Pola outra banda Laura, trouxo a "Pinchis".
Un pequeno ourizo, que o venres causou unha enorme expectación nas 3 aulas de infantil.
Aquí deixovos un vídeo, que lles encantou! Lembrade compartir as entradas do Blogue cos vosos/as fillos/as para que vos conten cousas acerca da xornada escolar e favorecer deste xeito lazos afectivos entre escola-casa e viceversa.
O mércores pasado, a mestra de apoio Rosa xubilouse, despois de tantos anos adicados á docencia, principalmente na súa querida e amada escola de Freixeiro.
Os últimos anos estivo dando apoio nas aulas de infantil no Feal.
Gracias Rosa pola túa axuda e adicación profesional.
Espero e desexo que desfrutes moito desta nova etapa.
Con cariño,
Sandra Míguez
e todos os teus alumnos e alumnas de infantil
Sei que a Rosa non lle vai gustar nadiña que poña fotos dela, pero... queremos lembrala sempre así, con nós, dentro da aula.