30 DE XANEIRO 2019
o 30 de Xaneiro celebramos o día da paz no pavillón de Primaria, cantando a canción "Por que no ser amigos" do grupo Hombres G.
Aquí temos algunhas das fotiños que fixemos nesa xornada.
As profes no recreo pintaronnos a cara, para ir acordes á festividade e elaboramos unhas pombiñas, que levamos a modo de colar.
Ao día seguinte, o xoves 31 de Xaneiro tivemos unha inesperada experiencia. Tivemos que evacuar todo o cole, debido a un problema na caldeira do centro.
Afortunadamente non pasou nada!
E quedou todo nun sustiño.
O equipo de emerxencias apareceu de seguido e o equipo directivo actuou rápidamente.
Aquí estamos trasladándonos ao pavillón de secundaria.
Moitos dos meus rapaces estaban preocupados "por que non merenderan e tiñan fame" ja ja ja…
…………………………………………………….
Outra experiencia que tivemos, foi a visita de Paulino un mestre xubilado apaixoado das estrelas, do cosmos e do Universo.
A súa fala pausada e achegamento de contidos… espertou e captou o interese dos rapaces da aula.
Esta actividade foi organizada pola ANPA para tódolos rapaces de Infantil.
……………………………………………………………………………………………………….
OS VENRES TOCA EXPERIMENTOS
Os venres do 2º trimestre, están adicados á experimentación directa. Facemos experimentos sinxelos e moi doados de facer nas casas e na escola.
Lámpada de lava con Candela.
Aquí podemos ver a Tania coa súa nai preparadas para a actividade.
Experimento, Lava de volcán: fairy, vinagre, colorante e bicarbonato.
Erupción dun volcán. Marina e Tania, explicáronnos os pasos e todos estivemos atentos para ver a erupción desta maqueta tan chuli que elaboraron na casa.
Experimento coa profe Sandra, según Noel " Jackson Pollock en leche" ja ja ja.
Fairy, leite enteira, colorante alimenticio e bastonciños….. e maxia potaxia! Atentos, observade que sucede!
Repetiremos o experimento dado que ese día faltaban moitísimos compañeiros/as enfermos/as.
Seguiremos amosando as experiencias (temos unhas cantas máis... algunhas están en lista de espera).
……………………………………………………………………………………….
O día 2 de febreiro celébrase o día da CANDELORIA.
En GALICIA é o día do casamento dos paxariños.
Representa o renacer da natureza pola proximidade da primavera.
Para os mariñeiros era o comezo da navegación despois da longa espera do inverno.
'O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS'
Nós para conmemorar este día fixemos estes paxariños tan coloridos.
Refraneiro popular
CANDO A CANDELORIA CHORA, MEDIO INVERNO VAI FÓRA,
QUE CHORE OU DEIXE DE CHORAR, MEDIO INVERNO ESTÁ POR PASAR
………………………………………………………………...
ATA A PRÓXIMA ENTRADA NO BLOGUE
AMIGUIÑOS E AMIGUIÑAS!