O venres 22 de Xuño rematamos as clases, foi un día moi emotivo... comezamos falando de que o sábado á noitiña íamos celebrar a Festa do San Xoán: fogueiras, fogos artificiais, comer churrasco, chourizos, e sardiñas ... unha gran festa en Galicia! non sÍ?
O día anterior o pescadeiro agasalloume unha sardiña e non dubidei en levarlla aos nenos/as ao cole. E estivemos "investigando" con ela... escamas, cola, ollos, aletas, agallas... ata as espinas! quedaron bastante abraiados cando lles amosei a sardiña.
- É de verdade! dixo un, Non é de "mentira".
GRADUACIÓN
Despois... celebramos nunha cerimonia de carácter íntimo e privado, a nosa propia GRADUACIÓN de 3 anos coa correspondente entrega de DIPLOMAS, "photocall" posterior ao acto, e de seguido o festexamos cunha pequena festa amenizada con música "marchosa" e gusanitos, patacas fritidas, cheetos... e demais "entrantes infantís".
O acto foi moi solemne, non houbo incidencias, agás que os globos esplotaban todiños e que tan só faltaron as nosas compañeiras Laura (que estaba enfermiña) e Sabela (que estaba de viaxe). Aquí tedes a reportaxe feita pola reporteira gráfica do evento !
IMAXES DA FESTA DE FIN DE CURSO
Pintamola cara, bailamos, comimos chuches (é incrible a cantidade de gusanitos e patacas fritidas que comen!) por iso non comimos a nosa merenda e posteriormente xogamos.
Houbo agasallos de todo tipo: a profe Clara deunos piruletas e bicos, Pilar bicos e abrazos, a profe Bibi e os seus nenos/as de 5 anos B trouxeronnos sugus nunha caixa "xigante", a profe Sandra convidounos á festa (o tiñan ben merecido eh!!) e a teacher Teresa tamén se despidiu de todos nós...
Sandra eres grande!!!
ResponderEliminarE non me refiro só ao evidente...que alta eres dabondo... Pero, a idea dos gorros ca boliña colgando é xenial!!!
Estades tod@s guapísim@s !!!
Feliz Verán.
bicos.
Bibi.