Algo especial aconteceu esta semana na nosa aula... foi todo un misterio! de súpeto un día apareceron unhas persoaxes, despois do recreo chámabanse: Úrsula, Emilio, Inma, Ana e Óscar (uns nenos moi simpáticos) viñan acompañados de Aurelio o xardineiro, dous patos que eran irmáns... e todos convivían no xardín máxico e soían xogar a sombra da "Árbore da risa", ademáis tamén estaba un galo que se chamaba Pepín o cal acostumaba a espertar a todo o mundo, ben cediño pola mañá... dicindo: Kikirikiiiiii !!! pero o máis increíble foi que nos naceu unha flor, que se chamaba MARIVÍ e facía Li, lí, lí e as veces tan só facía i, i, i....
Seguro que algo desta historia chegou á casa (e a noticia é de todo certo) falamos de auténtica maxia!! Qué non nos creedes? pois mirade, mirade!!
CUMPLEANOS DE NOA
Tamén tivemos a festa de cumpreanos de Noa que cumpríu o martes 25 de setembro 4 aniños, toda unha moza xa! trouxonos bizcoito e gusanitos. Parabéns pequerrecha ! gracias en nome de todos os compañeiros/as, á túa familia por convidarnos.
Mirade qué maior está eh? os anos parecen qué non pasan por ti, ningunha enrruga!!
Información para as familias
- Lembrade traerme a carpeta do curso anterior (baleira) ou mercar unha nova para levar os traballiños ás casas; se a mercades lembrade que ten que ter tapas no seu interior.
- Entre o luns e o martes preciso que me mandedes o nº das matrículas do coche e a súa marca.
- Hai nenos/as que seguen a traer a roupa sen nome. Corredes o risco de extraviala e perdela.
- Hoxe levaban unha circular da ANPA con información para as familias.
- Os sobres de plástico teñen que ser devoltos, sempre.
- Hai nenos/as que ainda lles falta material!! por favor facedemo chegar canto antes!
GRAZAS A TODOS POLA COLABORACIÓN