Saúdos a todas as familias e en especial aos meus rapaces e rapazas de 4 anos B.
O verán toca ao seu fin, e temos que volver á nosa rutina escolar.
Os amigos, as profes, os xogos, as cancións... e moitísimas aventuras, experiencias e aprendizaxes novas ... vos están esperando.
Recordarvos a todos e todas que o mércores 12 de Setembro dará comezo o novo curso escolar 2012-2013, a xornada lectiva abrangue dende as 9 ata as 2.
Recordade descansar ben a noite anterior e ter todo preparado. Non vos olvidedes de traer a mochila coa merenda e unha gorra para o sol!
Aquí vos espero a todos cos brazos abertos!
A vosa mestra Sandra.
arrancamos entonces, contentos!
ResponderEliminarÉ unha boa actitude, sen dúbida!
Eliminar