Hoxe 20 de Novembro conmemorase o Día internacional dos Dereitos do neno/a.
Na clase estivemos falando de cales son os dereitos que todo neno/a debe de ter e ademáis das obrigas que ten que cumprir.
Algúns dos DEREITOS dos que falamos hoxe son, o dereito a...
- a igualdade.
- a ter un nome.
- a ter alimentación e vivenda.
- a ser queridos e protexidos.
- a poder ir á escola e xogar.
- a estar protexidos contra o abandono e a explotación no traballo.
(...e outros máis)
Para festexar o día, a mestra agasallounos unhas tarxetas qué tivemos que colorear e as
levamos para casa.
A verdade e que foi moita casualidade... pero para celebrar o día de hoxe... tivemos CONTA CONTOS. Nada máis e nada menos qué... A DRAGONA RAMONA! veu a contarnos un conto a todos/as as nenos/as de infantil, qué ao longo da mañá fomos en diferentes quendas a escoitar as súas historias tan maravillosas e entretidas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario