Esta semana fixemos unha morea de cousas, pero temos que ir por partes e otorgándolle máis importacia a algunhas delas.
Primeiro, o luns celebramos o cumpreanos de SARA, xa ten 5 anos! convidounos a bizcoito! Parabéns pequerrecha.
E aquí estamos todos xuntiños antes de sopla-la vela e cantar "Cumpreanos feliz".
En segundo lugar, esta noticia non nos gustou nada, pero... a nosa compañeira NEREA cambia de cole por que xa non vive no Burgo e tense que trasladar! a botaremos moito de menos (sobre todo Claudia, á cal estaba moi unida), esperamos que teña moita sorte e faga amigos pronto! por iso o xoves, fixemoslle "un día especial", foi a protagonista da xornada: caramelos, coroa, agasalliños, debuxos, bicos, apertas... para que marche cun "bo sabor de boca" e que nos lembre sempre con moito agarimo.
En terceiro lugar, celebramos o...
VÍDEO
Felices vacacións de entroido, descansade. Vémonos o xoves!
saúdiños a Felipe e Laura que seguen enfermiños.
Menuda festa, todos e todas moi guapos.
ResponderEliminarEstades tod@s guspíiiiiiisim@s !!!
ResponderEliminarbicos.
Bibi.
Encántame!!! Estades chulis a tope!! E esa dama antiga...desprende glamour alá por onde pasa!! Parabens e bo antroido! Saleta
ResponderEliminarGRACIAS POLOS COMENTARIOS! FANME MOITA ILUSIÓN!
ResponderEliminar