Non teñades medo! É un esqueleto!
A maioría das veces pensamos que os esqueletos e as calaveras producen medo nos nenos/as , pero os adultos non nos decatamos que eles teñen acceso a moita información que nós ignoramos! Por exemplo... Sabiades que nos debuxos das Monster High, un dos mestres da terrorífica escola é o señor "morte", tamén chamado por eles como o Sr. Calavera ou o Sr.esqueleto?
Fai un tempo Antía Solla trouxo unha revista de cromos desta serie e puiden ver ao famoso Sr.calavera, de aí que identificasen sen dúbidar cómo se chamaba a cabeza do esqueleto: calavera.
Outras das miñas sorpresas foi cando lles preguntei se sabian que eran os músculos, Hugo Vila foi moi rápido e dixo que os músculos eran "la fuerza del Capitán biceps"
Aquí tedes ao capitán, e seus biceps.
Para descubrir máis contidos relacionados co noso corpo, tivemos que ir visionando vídeos, manipular materiais, xogos, libros... es así pouco a pouco imos aprendendo unha morea de cousas, cóma por exemplo cas radiografías semellan ser as "fotos" do esqueleto.
Nós xa intentamos facer as nosas propias "radiografías" mirade cómo temos engalanada a ventá da profe.
E aquí estamos traballando un pouco máis...
Fredo mañá está de cumple, pero hoxe venres quixo celebralo con todos nós. Convidounos a galletas, bizcoito e sugus. Parabéns Fredo no teu día!
LINDA A ESPREITA, unha vaquiña moi especial!
No hay comentarios:
Publicar un comentario