TALLERES
Xa estamos aquí de novo contando as nosas aventuras no Feal. Unha das cousiñas que queríamos contarvos é, cómo nos foi nos talleres que levamos a cabo o venres 6 de Novembro.
Os talleres estiveron organizados nas diversas aulas de infantil:
- Na aula de 3 anos, a mestra Vanessa fixo o TALLLER DA ESFOLLA.
- Na aula de 4 anos, a mestra Paula fixo o TALLER DE CARAUTAS.
- Na aula de 5 anos, a mestra Sandra fixo o TALLER DE CABAZAS.
Todos os grupos foron rotando polas aulas facendo as diversas actividades propostas. No seguinte vídeo podedes ver aos nenos/as de 5 anos, en diferentes momentos da xornada.
No taller de cabazas, baleiramos as cabazas, puxèmoslle unha veliña e apagamo-las luces, tamén aproveitamos outras cabaciñas para decoralas con diversas técnicas para o Nadal, e retiramo-las pepitas e as seleccionamos para sementalas cando chegue a primavera.
Talleres de cabazas 2015- O Feal on PhotoPeach
Ademáis desta actividade, son moitas outras cousiñas que seguimos a facer realcionadas co Outono. Ao longo do mes, moitos nenos/as e as súas familias seguiron aportando elementos para explorar, descubrir, e aprender... características desta estación. Estas son algnhas fotos, que ainda tiñamos gardadiñas para amosarvos:
Adrián Vázquez e a súa familia fixo unha "maqueta" a través desta, puidemos explicar os termos de árbores de folla caduca e perenne; Adrián Agras, pola súa banda trouxo landras que non eran galegas, Izan seguiu traendo mazarocas de millo de cores e Lois continuou facendo manualidades cos elementos da natureza ao igual que Zeltia que fixo unha "pina-moucho".
Namentres, que Noa e a súa familia, convidáronnos a todos/as a merendar "chulas de cabaza".
Non quedou nadiña! Boísimas.
Outras das cousiñas que tiñamos pendente amosarvos, era a actividade da composición de follas que fixeron os nenos/as nas casas coas súas famlias. As composicións foron moi chulis, e as expuxemos no corredor de infantil. Parabéns pola participación!
COMPOSICIÓN FOLLAS-2015-O FEAL. - Kizoa Movie Maker
Imos remata-la entrada no blogue, dándolle as gracias á teacher María pola elaboración destas pumpkins tan chulas, e as clases tan divertidas e amenas que lles fai aos rapaces, a través de cancións, xogos, rutinas....os nenos/as van adquirindo máis vocabulario e aumentando a súa comprensión na lingua estranxeira.
THANK'S TEACHER
No hay comentarios:
Publicar un comentario