PROXECTO DO CORPO HUMAN
AULA DE 5 ANOS
2º TRIMESTRE
Ola a todos/as as familias que nos seguen nas nosas andainas!
Dende fai tempo estaba pendente amosarvos algo do proxecto do corpo human, os traballiños xa os rematamos, e aprendimos unha morea de cousas, ou alomenos... o intentamos, cómo dí a profe.
Gracias a tódalas familias polos materiais aportados (sei de antemán que as veces non é doado poder aportar cousiñas ao cole) Ainda así...Parabéns a todos!.
Neste vídeo podedes ver algúns dos materiais que servironnos para investigar un pouco máis acerca deste proxecto que xa finalizou.
O corpo human- Aula de 5 anos- O Feal - KMaker
Tamén fixemos outras cousiñas tales cómo, buscar ovos de pascua coa Teacher María, e despois convídounos a comelos!
Pasámolo xenial no circuito, que montou no corredor de primaria e infantil.
Outra cousiña que contar foi que aprendimos uhna morea de cousiñas acerca da situación dalgúns animais en Asía, Oceanía e Australia.
Animais protexidos, en extinción ou sagrados noutras culturas.
Chámounos moito a atención! Fixemos un muraliño cas cousiñas novas que aprendimos.
Tamén tivemos tempo para algo de ARTE....Experimetamos con canicas e bolas pintoras. Pasámolo en grande "mareando" as boliñas; fixemos uns coelliños moi divertidos, que pronto irán para as nosas casiñas.
Boas vacacións de Pascua!
As vacacións abranguen dende o luns 21 ata o luns 28 de Marzo inclusive.
O martes vémonos no cole!
No hay comentarios:
Publicar un comentario