O martes 10 de Maio, os nenos e nenas da aula de 5 anos, fomos convidados/as polo Concello, a visitalas súas instalacións .
Estivemos no Archivo Municipal, explicaronnos o seu funcionamento e organización e a importancia deste Departamento para a conservación do documentos.
Tivemos a oportunidade de falar coa policia local, que tamén nos explicaron cousiñas sobre o seu traballo e amosaronnos a súa placa e o su cinturon especial con esposas e pistola, e falaron da labor que realizan nas rúas e comarcas do concello.
Xa pra rematar, o alcalde José Manuel, recibiunos na sala de plenos e agasallounos cunhas gorras e uns contiños dos Bolechas. Puidemos facerlle unha morea de preguntas e algunhas peticións.
A semana pasada tivemos simulacro de incendios no cole. Non nos alarmamos moito, foi unha boa experiencia.
Amosaronnos cómo era o camión de bombeiros, que aparellos e utensilios dispoñian e deixaronnos poñer o seu casco. Explicaron tamén que temos que facer se vemos un incendio ou unha emerxencia, que é chamar ao 112.
Aproveitamos a ocasión para facer preguntas sobre os coidados que se deben ter nos montes, nos parques.... para o coidado e prevención de incendios nosa contorna.
No hay comentarios:
Publicar un comentario