Dende 1964, para conmemorar a morte de Mahatma Gandhi, celébrase o 30 de Xaneiro o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, recoñecido po la UNESCO en 1993. Nesta data recordase a necesidade dunha educación fundamentada en valores nos que se desenvolvan a tolerancia, a solidariedade, o respeto aos Dereitos Humans, a non violencia, o entendemento mutuo e a paz.
Mahatma Gandhi
No cole celebrámolo, cantando e bailando a canción de Álvaro Soler, "Bajo el mismo sol".
Ataviàmonos cuns fermosos soles que fixemos en clase.
E despois do recreo, unímonos cos compañeiros de primaria, bailamos, cantamos e tivemos a oportunidade de ver voar as pombas que nos trouxeron.
Iker Sanjurjo e Lucas Soto da aula de 4 anos, foron os valentes que se atreveron a facer tan delicada tarefa, coa axuda do profe Juan Carlos.
Levamos este traballiño para casa.
Aquí estamos todos o Feal e Freixeiro, preparados, para a celebración.
Premede no vídeo!
Que sorte tiveron,que o tempo acompañou
ResponderEliminar