PROXECTO OS PITIÑOS
Xa comezamos a desenvolver o Proxecto dos Pitiños na clase, e recibimos moitos materias por parte das familias, o cal nos serve como eixo motivador para o desenvolvemento dos contidos e das posteriores aprendizaxes de aula.
Temos un pouco de todo: contos, fotos, imaxes, información de internet, xoguetes, niños de páxaros, pitiños de crochet... pero vou amosarvos máis polo miúdo para que vexadas cantas cousiñas temos no noso RECANTO.
Antonio e a súa cestiña
Iker Sanjurjo e o seu niño de Pega (Urraca)
Marcos co seu conto, elaborado pola súa familia, trata dun Galo e una Galiña que se enamoraron nun Galiñeiro de Moeche e tiveron pitiños! Toda unha Historia de Amor!
Lauri eo seu papá Alejandro, trouxeron una incubadora de ovos!
Temos 12 ovos, que coidar! Toda unha responsabilidade! Estamos a facer o seguimento no calendario.
Supostamente, dentro de 21 días deberíamos ter pitiños na clase.
SEGUIMENTO DO PROCESO DE INCUBACIÓN DOS EMBRIÓNS DE POLOS
Nós estamos preparados para recibilos, dado que una das avós de Izan de La Viña mercoulle un bebedorio e un comedoiro e trouxoo á clase.
Agora, no seguinte vídeo podedes ver moitas máis cousas acerca dos materiais aportados !
E tamén estamos traballando.
GALIÑAS E POLIÑOS
Xa para rematar a entrada de hoxe deixovos 2 vídeos musicais moi coñecidos, relacionados coa temática dos pitiños.
A canción clásica "Los pollitos dicen pío, pío" e a divertida e sempre xenial canción do "Polo Pepe".
Xa para rematar a entrada de hoxe deixovos 2 vídeos musicais moi coñecidos, relacionados coa temática dos pitiños.
A canción clásica "Los pollitos dicen pío, pío" e a divertida e sempre xenial canción do "Polo Pepe".
POSTAIS DOS PITIÑOS
NO VÍDEO PODEDES VER OS DIFERENTES PITIÑOS QUE CADA NENO/A ELABOROU.
e JULIA AMOSA COMO SE FIXO.
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarPrecioso proxecto! Esperando moitos pitiños!! Qué gran traballo, noraboa equipo!!
ResponderEliminar