ABRE OS OLLOS!
Temos moreas de experiencias de aula que amosar!
Elaboramos entre todos/as una macedonia de Outono, feita con iogur natural e froitos secos e carnosos de tempada. Observamos, manipulamos, observamos as súas características externas e internas... e despois degustámola.
Despois escribimos os ingredientes que empregamos.
Alicia e Andrea compartiron na asamblea da mañá a súa experiencia na feira do mel de Narón, e trouxeron información.
Alicia participou nun obradoiro de elaboración de queixo, despois intentou explicar a todos/as como o fixo.
Facemos Pizzas!
Pero... de mentira! ja, ja...
Empregando material de refugallo coma uns sinxelos pratos de cartón.
Sabedes quen comía pizza?
Pronto o descubriredes.
Noel, veu cos seus pais Nico e Gelis a presentarnos á súa mascota. Unha tartaruga moi simpática e falounos dos seus hábitos.
Observamos un auténtico nido de vespa velutina, e despois abrímolo pola metade para ver o seu interior.
Gracias aos microscopios do laboratorio aportados pola profesora de ciencias María Varela, tivemos a oportunidade de observar abellas, vespas velutinas e o interior das frores.
Noutra ocasión Noel, trouxo unha pranta de flor de algodón.
Aproveitamos para ver un vídeo sobre a recolección do algodón, cómo se manipula e posteriores usos.
Pola outra banda, Álex o pai de Laura agasallou á clase, varios panais de cera, para que puidesemos elaborar unhas velas.
E Julia, aportou o pabilo (mecha).
Q chulada todo.. haber esa velita..
ResponderEliminarque divertido!!!
ResponderEliminarPronto irán para casiña!
ResponderEliminar