Os rapaces de 5 anos, afianzámonos na destreza manual do uso do afilalápiz ou sacapuntas.
Ainda que semelle unha tarefa sinxela, nestas primeiras idades ainda implica bastante coordinación óculo-manual e non lles resultan tan doado.
Borrar coa goma, estender correctamente o pegamento, recortar coas tesoiras, afiar os seus lápices e pinturas... son destrezas manuais básicas, que resultan ser moi importantes que adquiran na etapa de infantil.
Calqueira destas destrezas pódense practicar na casa!
__________________________________________________________________
____________________________________________________
________________
Os proxectos que imos a desenvolver no 2º trimestre están adicados aos VOLCÁNS e en Arte estará adicado ao pintor ANDY WARHOL.
Avanzaremos nas matemáticas manipilativas e xogos de lóxica, ademáis seguiremos dándolle continuidade á realización de sumas sinxelas e á iniciación á resta.
Tamén continuaremos cos 2 cuadernillos adicados ás consoantes en minúscula e a iniciación ao proceso lector (segundo cada caso individualizado).
Esperamos aprender moitísimo e pasalo moi ben!
esta evaluacion a aula voara polos aires cos volcans 🤣🤣🤣
ResponderEliminarMadre mía! Espero que non!ja ja ja
ResponderEliminarSeguro que o pasan xenial. Non hay nada cómo as experiencias na aula!