XULLO E AGOSTO
ANIVERSARIOS
Jimena, Antonio, Aroa e Bruno son os nosos/as amiguiños/as que cumplen nos meses de verán.
O venres, tiveron a oportunidade de celebrar de maneira anticipada os seus cumples.
Sei de antemán que facíalles moita ilusión celebralo na clase, dado que eles nunca podían.
A xornada transcorreu coma sempre (tomaranse o seu debido tempo) en merendar as cousiñas que as familias trouxeron.
Verónica, Jenifer, Montse e Ana axudaron e organizaron a festiña para os nenos/as.
Erik o irmanciño de Aroa tamén participou ao seu xeito, ja... ja... Dentro duns aniños estará correteando polas aulas de infantil do Feal, como o fixo a súa irmá Aroa.
Parabéns soletes, por anticipado!
--------------------------------------
-----------------
-----
MAÑÁN LUNS 17 DE XUÑO SAÍDA AO MUÍÑO DE PEDROSO
Hai uns Obradoiros moi chulos organizados, que esperamos que os nenos/as desfruten e aprendan.
O tempo acompañará á xornada de lecer, lembrade que a hora de regreso está programada para as 17:15 aproximadamente.
Un saúdo,
A profe Sandra
………………………………………………………
…………………………….
……….
Aquí temos a foto de fin de curso que fixo o profe Ángel,
o día da xornada de convivencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario