Esta semana tocounos taller de plástica, e estivemos traballando sobre un cadro de MIRÓ.
Deste artista aprendimos qué se chama Joan Miró e naceu en Barcelona, gustaballe moito pintar, ademáis de pintor, era escultor e ceramista. As súas pinturas son surrealistas e de carácter abstrato, pero nós os máis pequerrechos non tivemos ningún problema en interpretar o seu cadro de “Muller e filla ante o sol”.
Algúns elementos eran moi fáciles: o sol, a lúa, estrelas…pero a muller e a filla chegaron a ser interpretados como animais de todo tipo…Identificamos cal era cal, e expliqueilles que a muller (a mamá) era unha figura moi importante nos cadros que pintaba Miró e amoseilles algún máis para que visen outra muller pintada por este artista, coma por exemplo “Muller ante o sol”.
A nosa compañeira Aldara fai unhas semanas trouxonos dúas obras de Miró, feitas por ela, coa axuda da súa familia isto permitíunos acercarnos un pouco máis a este artista (é unha lástima que estívese enfermiña e non puidese facer este traballiño, estou segura que lle ía interesar moito).
As obras de Joan Miró conectan moi ben coas interpretacións que fan os rapaces e rapazas da Etapa de Infantil dado o emprego chamativo das súas cores primarias e o uso de líneas e formas xeométricas, esquemáticas… as cales expresan o entusiasmo pola vida, a enerxía e a ledicia máis alá dun mero xogo infantil.
Dous videos moi bonitos, canto traballo fas. Conto con poder ir o luns e veros a todos.
ResponderEliminarSaudiños.
Alex S.