Non cabe lugar á dúbida que ás veces a nosa aula é coma un circo, temos de todo: trapecistas, domadores, malabaristas, paiasos e paiasas, fieras de todo tipo... pero ante todo... Somos uns artistas!
Fai uns días o circo Roi veu ao Burgo, e algúns nenos/as foron visitalo coas súas familias e foron moitos os que quixeron contar as súas impresións na asamblea da mañá; Chamoulles a atención os tigres, os cabalos, os ponis e os paiasos... sen embargo a nosa compañeira Noa chamoulle moito a atención que nas farolas da rúa penduraban carteis que anunciaban o circo e ademáis nos trouxo unha nariz de paiaso de cor verde.
Dita nariz deu bastante xogo... e a probamos todos/as (incluso a mestra) pero... algúns nenos caiaselle todo o tempo porque a súa nariciña era aínda moi pequerrecha. Pero mirade que fotos máis divertidas fíxemos para comezar o noso blogue cun sorriso... Non sí?
No hay comentarios:
Publicar un comentario