miércoles, 30 de mayo de 2012

GRACIAS ÁS FAMILIAS




 Gracias a todas as familias pola  colaboración e participación, nesta actividade conxunta que fixechedes co voso fillo ou filla nos vosos fogares.
Os resultados son ben fermosos, e estou moi agradecida, Parabéns a todos/as! 
Ao longo dos vindeiros días amosarei os resultados finais máis polo miúdo, para que poidades observar os traballiños de ámbalas dúas aulas de 3 anos.
A mestra Maite e máis eu xa temos "engalanado"  o  corredor coas vosas aportacións plásticas, tan só podo dicir que quedou ben chulo e non me canso de miralo.
Ista imaxe tan só representa  un pequeno "aperitivo" de todo o que vos queda ainda por descubrir ...
Temos que esperar un pouco! Xa sabedes que a profe Sandra non é un PULPO





INGLÉS

Aparece sempre con "puntualidade inglesa" na nosa clase tódolos luns e venres, é a nosa querida "Teacher Teresa"; ela amosanos unha nova lingua, o inglés, dende unha perspectiva amena, divertida e lúdica  desta maneira pouquiño a pouco imos aprendendo (sen darnos conta) moito vocabulario, cancións, accións...etc .
A nosa "teacher" é moi aventureira e curiosa, por iso non dubidou en preguntar qué andabamos argallando na clase con todo iso do fondo do mar ... interesouse moito, tanto que ela soíña decidíu  mergullarse tamén con todos nós e o luns deunos a todos/as unha sorpresa! trouxonos un libro moi, moi, grande!! con animaliños do fondo marino. 
Moitos xa os coñecíamos pero ainda así... aprendimos unha morea de palabras novas en inglés: octopus (polbo), shark (tabeirón), fish (pez/pescado), water (auga), ocean (océano), ship (barco)... entre outras máis.
O libro titulábase "Commotion in the ocean", estivo moi entretido, tan só nos queda dicir:

THANK YOU VERY MUCH TEACHER!






viernes, 25 de mayo de 2012

AS BOLBORETAS REGRESAN ÁS SÚAS CASIÑAS

As nosas bolboretiñas tiveron que marchar hoxe venres para casa, levaban moito tempo voando polo noso corredor do cole... esperemos que teñan unha boa acollida nos seus novos fogares.
ADEUS BOLBORETAS!!

INFORMACIÓN
  • O luns 28 de Maio é o último día para recoller o traballiño realizado coa familia, relacionado co Proxecto do fondo do mar.
  • Recordade devolver as carpetas, que mandei na ponte das Letras Galegas.
  • Insisto de novo en: poñer nome ás gorras e ás chaquetas.
  • Se alguén lle falta algo... na entrada de Infantil hai un cubo con roupa extravíada (tan só deste curso).  

VEMOS A VIDA EN CORES


Os máis pequerrechos/as do cole, vemos a vida dende outra perspectiva:  tomamolo todo con tranquilidade (a excepción do recreo), sempre temos o sorriso na boca e ganas de divertirnos e xogar, e ás veces moi poucas de traballar... pero os meses foron pasando... e xa levamos 9 meses no "cole dos maiores", e xa non o vemos todo  negro coma o principio, agora dominamos os espacios do cole, as rutinas,  normas da aula e aprendimos unha morea de cousas interesantes e  fixemos novos amigos... Vamos que vemos a vida doutra maneira.... A vemos en cores! e gracias ás nosas gafas rechulisísimas incluso a podemos ver en 3D! Mirade que "monos" estamos! 


jueves, 17 de mayo de 2012

LETRAS GALEGAS



Hoxe é o DÍA DAS LETRAS GALEGAS (17 DE MAIO). Onte no cole tivemos celebración: poemas, cancións, bailes...Nós os máis pequerrechos e pequerrechas da Ría, levamos toda a semana facendo traballiños e descubrindo cousas novas relacionados coa nosa cultura galega: bandeira, lingua galega, contos en galego, o escritor homenaxeado Valentín Paz Andrade, gastronomía, bailes como a muíñeira, instrumentos, traxe  rexional, cosntruccións galegas, paisaxes... e unha morea  máis cousiñas! Se queredes velo e aprender vós tamén, tan só tedes que premer neste vídeo.
                         

 Á NOSA 1ª FESTA DAS LETRAS GALEGAS
Portámonos moi ben, ía moita calor e precisamos as gorras e despois puxémonos á sombra.
Cantamos unha canción coa profe Luz (música) "Moucho non...che teño medo..." dun poema de Rosalía de Castro e escoitamos atentos as actuacións dos maiores...ainda que despois nos cansamos un pouco!

AQUÍ ESTAMOS TODOS/AS PREPARADOS PARA SAÍR Á FESTA!

martes, 15 de mayo de 2012

Notas informativas

Quero informar con  antelación (non coma a outra vez...) que o venres 18 de Maio tedes entrada gratuíta nos 3 Museos Científicos da Coruña: Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae, ademáis do Museo Arqueolóxico.
 O motivo débese a que se está a celebrar O Día Internacional dos Museos, dita celebración faise dende o ano 1977 en todo o mundo, esta decisión tomouse en Moscú na XII Asamblea Xeral do Consello Internacional de Museos.

viernes, 11 de mayo de 2012

FONDO MARIÑO

            
             

Na nosa clase gustanos moito debuxar e pintar.
A través dos nosos debuxos amosamos os nosos coñecementos, a coordinación viso-manual, o grao de madurez, creatividade....  é unha maneira de interpretar o mundo que nos rodea, dándolle "resposta" nas nosas produccións plásticas. Habitualmente desfrutamos moito con este tipo de tarefas, e queremos compartilo con todos vós. Esperamos que vos gusten.

FONDO DO MAR

                        
Como ben sabedes todos/as na nosa aula andamos mergullados no fondo do mar dende fai un tempo! non nos olvidamos das nosas obrigacións eh? pintar, facer o nome, as letras, números, cores, normas...e moitas máis, pero estamos moi entusiasmados aprendendo, observando e descubrindo cousas novas acerca do fondo mariño.

Na etapa da Educación Infantil é moi importante que os contidos partan do máis significativo e coñecido do neno/a, ata contidos máis complexos. Por iso tomei coma referencia os debuxos de Bob Esponxa (moi significativos e lúdicos para eles) para acercarlles algúns conceptos novos e que os poidan relacionar coa realidade, deixando a un lado o mundo de fantasía que rodea a esta serie.
Mirade esta montaxe que elaborei (amosadello na casa, se queredes, para observar cantas cousas saben xa!!) eles o viron un par de veces.
 

Este vídeo permitíulles asociar cada persoaxe 
 co seu animal real no fondo do mar




APLICAMOS AS TESOIRAS

 Como ben sabedes todos/as últimamente o único do que oímos falar nos diferentes medios de comunicación é de RECORTES en Sanidade, Educación...
e en moitas outras cousas máis...

Non cabe lugar á dúbida que tanto oír de falar de RECORTE, RECORTE e máis RECORTE... nolo tiñamos que aplicar nós tamén (hai que colaborar co sistema)  E    collimos as nosas tesoiras e a recortar sexa! e o fixemos amodiño, prestando moita atención e con sentidiño...
Así pois, comezamos este 3º trimestre a usar as tesoiras por primeira vez (para algúns) e en pequenos grupos (para poder axudalos).
Anímovos a todos/as  a que lles axudedes na casa a recortar (xornais, revistas...) pouquiño a pouco; moitos/as xa recortan, pero recordade a importancia de supervisalos sempre, dado o perigoso que poden ser unhas tesoiras nas súas fráxiles mans e mentes creativas, e conciencialos do seu uso correcto.

viernes, 4 de mayo de 2012

INFORMACIÓN!!!



NOTICIA DE ÚLTIMA HORA
Acábanme de comunicar de que mañá  sábado 5 de Maio celébrase na cidade da Coruña  "O Día da Ciencia na rúa e Museos Científicos gratuítos". Isto supón que podedes visitar de maneira gratuíta os seguintes Museos:

CASA DAS CIENCIAS
DOMUS
AQUARIUM FINISTERRAE

Informádevos no xornal ou en internet dos horarios, antes das posibles visitas! seguro que o Aquarium é unha visita moi interesante para eles.

DÍA DA NAI




dia      da     nai


O primeiro domingo de Maio celebrase o "Día da Nai" seguro que moitas de vós, hoxe venres recibíchedes unha pequena postal como agasallo (non creo que ningún se lembrase de escondela ata o domingo!! son moitos días para eles...) parabéns a todas as mulleres que son nais.

2000 visitas




gracias

GRACIAS a todos/as aqueles que amosan
o seu  interese polas nosas andainas na escola.
Xa son 2000 visitas, e iso que comezamos en Febreiro, xa cumplímos catro meses!!Estou segura que o esforzo mereceu a pena ao final...