martes, 25 de octubre de 2016

XA ESTAMOS AQUÍ!

Por fin comezamos o nóso blogue de 3 anos. Este espazo web, está adicado aos máis pequenos de 3 anos, onde amosaremos de maneira esporádica, actividades, acontecementos, recadiños, conmemoracións, obradoiros... da nosa aula e do cole.
Esperemos que o desfrutedes moito!
O primeiro que imos facer é presentarnos co nóso mellor sorriso a tódalas familias da clase.

É agora unha pequena presentación, cos nosos nomes.
Tan só falta KIARA, que ese día estaba enfermiña. Unha mágoa!



................................................................................................................................................


Seguimos contando cousiñas... Xa temos o noso riconciño das familias, onde os nenos/as foron poñendo as fotos coa axunda da profe. Un pequeno espazo na aula onde ambos contextos familiar-escolar dánse a mán. Observar aos seus familiares, dálles tranquilidade e serenidade e favorece a creación de lazos afectivos entre ambos contextos.
Nas seguintes fotos, podemos ver algúns dos compañeiros/as portando as súas fotiños o día que as trouxeron. 




Parabéns a todos pola vosa participación!

..................................................................................................................................................
A parte da participación coas fotos, tamén tivemos a oportunidade de crear o Recanto do Outono, coas aportacións feitas polos rapaces.
Landras, castañas, laranxas, mazás de todo tipo, marmelo, follas, uvas, millo, noces e cabazas variadas... servennos de eixo motivador para diferentes actividades manipulativas (clasificar, observar, manipular, plástica...)  e descubrir as características principais, de dita estación do ano.
Estas son algunhas das cousiñas que recopilamos.


Julia, precisou a axuda da súa nai para traer esta cabaza tan verde e verrugosa.
...........................................................................................................................................


Co gaio do Samain, estamos a preparar diferentes cousiñas "terroríficas", adornámola porta, leímos o conto de " Corre, corre, cabaciña" e fixemos unhas cabazas moi chulas a partires de pratos de cartón. O corredor de infantil está engalanado cos nosos pratos e os traballiños dos compañeiros de 4 e 5 anos. Quedou que "mete medo".

Aquí pódedes ver e escoitar o CONTO.



É agora pra rematar, a nósa primeira entrada no blogue, amosavos un vídeo onde pódedes ver actividades de diferente tipo dos vosos pequerrechos. Desfrutáde!