lunes, 30 de abril de 2012

QUÉ TAL DE VACACIÓNS?

Qué tal de vacacións meus pequerrechos? seguro que moi ben. Lembrade que o mércores 4 de abril vos espero a todos/as na clase. Contachedes aos vosos papás  e mamás qué aconteceu o venres no cole? foi un día moi diferente, tivemos dúas visitas moi especiais: o irmanciño de Nerea e unhas persoas moi divertidas e entrañables, nos convídaron a ver unha representación de teatro moi chula.

 E aquí tedes a Nere con Adrián, dixo Nerea que Adrián era moi bo...esperemos que siga así!
Gracias a Jessi e Luís pola visita.

martes, 24 de abril de 2012

LEVAMOS AS NOSAS PLANTIÑAS

Hoxe martes, tamén levamos as nosas plantiñas (unhas fermosas lentelliñas) que plantamos a semana pasada e pronto medraron, agora toca coidalas na casa... moita sorte con elas! seguro que poderemos comer unhas deliciosas lentilliñas con chourizo o próximo Outono, xa me convídaredes eh?


ANIVERSARIOS


Hoxe martes 24 de Abril estivemos de festa na clase dado que a nosa compañeira Aldara cumplíu 4 aniños e convídounos a bizcoito e uns carameliños. Estaba moi bo todo, fixemoslle uns debuxos como agasallo no seu día. Parabéns pequerrecha, a tí e a túa irmá Ainoa.

domingo, 22 de abril de 2012

ARTE


BOTERO  e VICENT VAN GOG chegaron á nosa aula esta semana con dúas obras de arte. Pintamos un páxaro de cor negra pero o que máis nos gustou foron
"Os xirasois de Van Gog" e fixemos un xirasol ben chulo o cal pintamos e despois decoramos con alpiste para páxaros.




sábado, 21 de abril de 2012

MATERIAIS DO FONDO DO MAR

Quero dar as gracias e os meus parabéns a tódalas familias que aportaron materiais para o noso recanto do fondo do mar.
Estámolo pasando moi ben e aprendendo unha morea de cousas, gracias as cousiñas aportadas e os traballiños da clase.
Mirade cantas cousiñas temos, seguro que alguén quedou sen saír sintoo...se é así!
             
             
MIRADE A QUEN  ATOPEI ESCONDIDIÑAS NO MEU ORDENADOR? Xa sabía eu que faltaba alguén... na montaxe do vídeo!! agora van elas dúas soíñas na foto: Sabela e Aldara.


martes, 17 de abril de 2012

QUEN SEMENTA RECOLLE

Estas son "As flores do meu xardín"...
A min gustánme todas pero...
Cal che gusta a tí? convídote a que atopes a túa flor, seguro que aquí hai unha moi especial pra cada un de vós.

Seguimos en Primavera!

A estación de Primavera transcorre con normalidade moita calor e sol ao principio... pero chegou o mes de Abril e como dí o refrán "En Abril augas mil". Nós aproveitamos para sementar as nosas lentelliñas nos envases dos iogures (os cales pintamos con anterioridade) saímos ao patio e plantamos, agora tocanos esperar a que medren para iso temos que coidalas (poñelas ao sol e regalas con auga)  as plantiñas da clase tamén medraron e temos unhas cabazas ben fermosas, pero as outras secaronse... mirade todo o proceso! pasamolo ben.

   
                          

sábado, 14 de abril de 2012

COMEZAMOS A MERGULLARNOS...

Tan só levamos dous días coa experiencia "O fondo do mar"... pero xa comezamos a "engancharnos coa temática" o aporte de materiais persoais dos nenos/as e das familias fai que sexa moito máis motivador para eles/elas e favoreza o seu interese.
Xa temos unhas cantas cousiñas: contos, DVD, peluches, obxectos, cunchas, libros... non vos procupedes en mandar cousas que xa estean "repetidas" o importante é que o teu fillo/a se sinta ben e protagonista ese día, para eles é moi importante.
Fixemos dúas asambleas longuísimas (falando, falando e falando... que é coma realmente aprendemos a descubrir as cousas, ademáis de pensando, observando e manipulando os obxectos aportados) E non o vades a creer pero...xa descubrimos cousas interesantìsimas! coma por exemplo:
  1. Que as tartarugas marinas saen da auga e poñen unha morea de ovos nun burato na area e despois marchan ao mar outra vez, deixandoos alí soíños.
  2. Os peixes de moitas cores coma por exemplo: Dora, Nemo... viven en augas quentiñas e chamanse peces tropicais.
  3. O pulpo (polbo en galego) ten 8 patas que se chaman tentáculos e cando se enfada vota tinta negra e come cangrexos  os cales "espachurra e aperta moi forte cos tentáculos" e despois os come tranquilamente escondido entre as rochas ou as covas que hai no mar.
...E moitas cousas máis que irei contando (podedes preguntarlles a ver se se lembran de algo) e recordade que se teñen interese por algo ou fan preguntas, non dúbides en explicar e contarlles cousas diso.






Gracias de antemán pola vosa colaboración.
Estas son algunhas cousiñas que nos deron pé a falar e pensar.

miércoles, 11 de abril de 2012

QUEN VIVE NO FONDO DO MAR?

QUEN VIVE  NO FONDO DO MAR?
Cantas veces escoitariamos isto na boca dos nosos fillos e fillas?
 Pois sí... decidido! imos lle dar resposta dende o cole.
Os debuxos de "Bob Esponja" ou películas comerciais como "Buscando a Nemo", "Espantatiburóns" ou a "Sirenita" entre outras moitas máis... forman parte do tempo de lecer e entretemento dos máis pequerrechos convertíndose desta maneira nun mundo de fantasía e maxia, ademáis de favorecer a súa curiosidade hacia o fondo  marino: pulpos, cangrexos, algas, medusas, peixes, caracolas, estrelas de mar, area, cabaliños, baleas, tiburóns... tamén tesouros e barcos afundidos son as principais ideas que xurdiron hoxe cando apareceu unha caixa misteriosa chea de cousiñas e comezamos a falar moito, moito, moito.... Gustounos a nova proposta, a profe xa está preparada con materiais, ideas, traballiños, manualidades... tan só nos queda unha cousa para empezar.... a axuda e colaboración das familias! É moi doado axudarnos, tan só precisamos que aportedes diversos materiais vinculados co fondo marino ou relacionados ca vida do mar.


Recordade que non fai falla mercar nada! buscade pola casa hai moitas cousiñas que nos serían útiles (contos, debuxos, música, xoguetes, obxectos...) paseade pola praia, facede algunha actividade con eles...todo serve...o importante é provocar a curiosidade e o interese no neno/a e que vós poidades participar na súa aprendizaxe.
Esperamos que todos xuntos nos divirtamos, así que non me queda nada máis que decir:
MERGULLATE  NO FONDO DO MAR!