domingo, 22 de diciembre de 2013

REMATAMOS O TRIMESTRE


BO NADAL
  
Acabamos de rematar o 1º trimestre de 5 anos. Traballamos moitísimo e aprendimos unha morea de cousas: reforzamos a aprendizaxe da escritura, descubrindo e afianzando novas consoantes coas que ir formando as nosas primeiras palabras e algúns xa nos atrevemos, incluso a "leer" un pouquiño, tamén aprendimos cousiñas interesantos da vida dos Dinosaurios ( pero ainda non rematamos... dado que non acabamos de investigar todo o que queremos aprender) asi que o vindeiro trimestre o veredes todiño. Tamén seguimos coas nosas tarefas plásticas, e moitísimas actividades na PDI, pero esas... non podemos levalas á casa!
 
Aquí podedes ver as diversas tarefas plásticas que realizamos nas últimas semanas, coma a Postal de Nadal, para participar no concurso do cole, Non gañamos! pero o importante é participar! non sí?
 







 


 
 
 
 





 






 
 Tamén elaboramos un RENO a partires dun plato de cartón, que serve para decorar, ademáis das portadas dos traballiños de Nadal, premede no vídeo e veredes o proceso de elaboración.

Pero no que máis empeño puxemos foi na realización da carta dos Reis Magos. Fixemos dúas, non vaia ser que se nos perdesen polo camiño de Oriente! Unha a entregamos persoalmente aos Reis, no cole o venres, a outra  gardamola na carpeta, para que a Noite de Reis, as súas Maxestades poidan leélas, e ver se traen todo o que nós pedimos. Despois o celebramos cunha gran merendola  con doces típicos de Nadal, sobrou bastante, dado que as familias foron moi xenerosas, gardámolo para casa, o que non puidemos comer (graciñas).
Desfrutade da seguinte montaxe mirade que cariñas tiñamos o venres! Canta emoción!
 Tamén cantamos una panxoliña aos Reis cos compis de 5 anos A.
 
 
 
TIAGO PARABÉNS!
 
Tiaguiño e o seu xemelgo Martiño estiveron de cumple esta semana, felicidades aos dous, e graciñas polo bizcoito, estaba ñam ñam delicioso!
 
 
 
Rubén, Felipe e Yeni estiveron enfermos e nun puideron desfrutar con nós esta semana tan especial, esperamos que vos recuperedes!
 
Pra rematar, tan só desexarvos a todos/as un Bo Nadal, cargado de bos desexos e moita esperanza para todos/as. Felices Festas! e desfrutade dos vosos/as pequerrechos nestas datas tan sinaladas e especiais para eles.
Ata o próximo ano!
 

sábado, 23 de noviembre de 2013

MOI ATAREADOS!

 
OUTONO
 
 Coa chegada do Outono, acumulansenos as tarefas. Andamos traballando a reo na clase, por que ultimamente temos moita leria: moitas celebracións de cumpleanos, santos... celebracións de magosto, saída ao teatro, contacontos no cole, adornar o corredor coas tarefas de plástica!
Uf, non paramos.  
Nas seguintes imaxes podedes vernos a todos/as moi concentrados traballando nas letriñas...
 
 
 
E así tódolos días traballamos na clase, ainda que non nos creades! Pero... tamén temos momentos de distracción, ocio e lecer coma cando fomos ao Teatro en Coruña, a ver
 "Os animais de Don Baltasar"

 
Os animais de don Baltasar conta a historia dun home que se encontra cun gato que brúa, un can que maúlla, unha vaca que fai cúa cúa, e claro, un parrulo que ladra. Un espectáculo sen palabras onde as onomatopeas, as imaxes e a música son as protagonistas. Un espectáculo pensado para nenos/as de infantil, onde se sumerxen nas temáticas que lles atraen, o mundo dos animais, os medios de transportes, as cores, as letras, todo nun marco cheo de humor e de xogos. Nós desfrutamos moitísimo, senón mirade as nosas cariñas.
 




 Tamén tivemos a oportunidade de escoitar un contacontos sobre Seguridade Vial, actividade promovida polo Concello, onde nos explicaban os bos hábitos a ter en conta no entorno urbano: mirar antes de curzar, pasos de peatóns, os semáforos, o cinturón, silliñas de seguridade... etc.
 


Non podemos olvidar, contarvos a celebración do MAGOSTO 2013. Tivemos que engalanar o corredor, con diversas tarefas plásticas, elaboramos un mural chulisimo, mirade!


 
E elaboramos outras cousiñas, tales como...
 
Colar de castañas, cucuruchos, árbores coas cores do outono, e ... Recoñecedes á Señora Castañeira? e ben chusquiña eh? 
 
 Por se todo isto non fóra pouco lecer e ocio... tamén celebramos uns cantos cumpreanos e santos.
 




 
Gracias a tódalas familias polas súas lambonadas, estaban deliciosas! Ademáis, destas celebracións tamén tivemos tempo de ser solidarios co Banco de Alimentos, aprendimos o que é ter "grao de empatía", e dicir... saber poñerse no lugar dos outros/as, neste caso nos máis desfavorecidos/as.
Gracias pola colaboración.
E xa pra rematar a entrada no noso blogue, vos deixamos un pequeno vídeo, onde podedes observar o ben que o pasamos no Magosto, comendo as castañas, xogando coa profe Eva, e tamén, cómo elaboramos a nósa árbore de outono, fixadevos ben, nos materiais que empregamos!
 
ATA A PRÓXIMA ENTRADIÑA FAMILIAS! 
Esperamos que vos gustase

miércoles, 30 de octubre de 2013

Tarefas Terroríficas


SAMAÍN 2013
 
Qué medo pasamos estos días no cole! Tódolos días fixemos actividades terroríficas: pintar pantasmas, picar calaveras, decorar cabazas, esqueletes, Frankensteins... uf!! Horripilante todo, ata a comida foi terrible: tartas con formas de pantasmas e tumbas, arañas que se podían comer, pasteis de cor naranxa, dedos con sangue!! Isto metía moito mediño no corpo... e por non falar dos corredores do cole... engalanados con cabazas, bruxas, escobas, teas de araña....
 
Foi unha aventura terrible asistir estos días ao cole!
 
Se premedes nos vídeos, podedes ver todo o que fixemos!
 
 
 
Gracias de antemán a tódalas familias que participaron no concurso de cabazas e  aportación de doces; Parabéns a Sara polas súas chuches, pasamolo xenial xogando ao: "Truco ou trato" e o bizcoito de cabaza de Antía, estaba deliciosoooo! ñam, ñam
 
E agora pra rematar unhas fotiños... estremecedoras!









 

jueves, 17 de octubre de 2013

AO NOSO RITMO!

Xa estamos aquí de novo! Seguro que estabades ansiosos por saber das nosas aventuras na escola, non sí? A entrada de hoxe títulase " Ao noso ritmo ", e xustificase así, por que cada un de nós ten un ritmo diferente na aula. Ao longo da xornada cada neno/a marca o seu ritmo de aprendizaxe, uns son moi rápidos e outros máis lentiños, pero imos facendo as cousas ao noso xeito por que cada un/unha precisa o seu tempo.
Cada neno/a vai ao recanto cando remata a súa tarefa, outros/as pasan directamente a merendar por que ás veces non queda tempo suficiente para o xogo. Aquí estamos nunha das nosas xornadas na escola.
 





 
Por iso é moi importante respetalo ritmo de cada ún!
A semana continúou a bó ritmo, xa que fomos por primeira vez ao....
gimnasio
 
A outra semana non puidemos ir por culpa do noso... comportamento! Pero esta semana síiiii!!Pasámolo moi ben, facendo diversos xogos.
Había que estar atentos ás explicación e normas dos xogos... rimos moito e ata houbo eliminados/as!! Pero foi divertido. Estamos desexando volver! Crucemo-los dedos para que a profe nos leve a vindeira semana!

 
A bö ritmo tamén imos coas tarefas das letras. Estamos a traballar estas:
 
 


 
Pero.... en minúscula eh? Qué xa somos moi maiores! 
Tamén estamos enredando coas sumas mailas restas. Polo de agora estamos facendo as cousiñas amodiño para non trabucarnos, e coller máis seguridade e confianza en nós mesmos. E ata xa nos atrevemos a "ler" algunhas palabriñas moi sinxelas. A profe dí que: Medramos a fume de carozo! Iso é boa sinal, verdade?
 
Tamén, estivemos moi entusiasmados cun conto que nos contou a profe títulase:
 
 
E aquí estamos facendo o seu debuxo correspondente, despois de escoitalo! e morrer da risa!! Un contiño moi divertido e onde se pode traballar valores como a amizade,  a mellora da autoestima individual, e o grao de empatía.
 
 
Tamén vos deixamos aquí o conto, por se queredes escoitalo!
 
 
 
 
Ata a próxima entradiña familias! Vémonos pronto.