martes, 29 de enero de 2019

Cumpleanos Xaneiro 2019

XANEIRO 2019
Celebramos os cumples de Iker Calvo e Julia
 David e Vanesa pais de Iker e Paula e Óscar pais de Julia, organizaron a merendola e deixaron a clase así de chula e vistosa.
 Aquí temos aos homenaxeados do día.
 Son os maiores da clase! 
Xa teñen 6 anos!
Nesta foto Julia estaba "analizado" a súa foto na tarta.


 Iker pediume expresamente que lle fixera esta foto comendo a tartiña de cumpleanos.

Parabéns aos dous!

jueves, 24 de enero de 2019

Proxecto Os volcáns

PROXECTO
OS VOLCÁNS
2º TRIMESTRE

Iniciamos o Proxecto, preguntando aos rapaces Qué sabían acerca dos volcáns? E unha vez rexistrada ésta información, continuamos recollendo as cuestións acerca sobre Qué querían aprender ?

As familias de 5 anos (tan participativas e involucradas coma sempre :) ) están aportando materiais que nos van servindo de centros de interese en cada Asamblea semanal.
Temos materiais moi diversos: contos, libros informativos, xogos, experimentos, maquetas, tipos de volcáns, información da rede, fotos persoais de viaxes, debuxos, cancións… etc


 Izan e Marcos trouxeron algún materiais relacionados cos dinosaurios (según eles.... "os dinosaurios extinguironse por culpa de moitos volcáns que explotaron xuntos") Tereilles que explicar todo isto, máis polo miúdo.
Ángel atopou un reloxio da súa avóa feito a partires dunha pedra volcánica. Aproveitamos para falar dos usos das pedras volcánicas! Bisutería, adornos variados, cósmetica, muros...
Javi aoportou libros e un xogo experimetal  dun volcán (Imos convertirnos en vulcanólogos!
Cande elaborou unha lámpada de Lava ( e a puxemos en funcionamento, pero.... fracasamos no intento) Pero convidamos a Ábel e Cristina os pais de Candela (que son uns estupendos científicos e investigadores) a facer a lámpada de lava na clase.



 Julia, Bruno, Manuel, Alicia, Andrea …e outros nenos/as trouxeron pedriñas volcánicas para observar e manipular.
Temos unhas maquetas chulísimas! Alicia, Lucía, Aldair e Marcos elaboraron coa axuda das familias maquetas de Volcáns.



 Por que unha Imaxe vale máis que 1000 palabras !
Algúns compañeiros trouxeron información e fotos de viaxes!
Cómo dato curioso Iker C. trouxo un xabrón que contiña propiedades das pedras volcánicas.
A profe elaborou un vídeo e aportou moreas de fotos da súa 
"viaxe a un auténtico volcán extinguido".










Gracias por colaborar e participar!
Seguirei amosando os materiais (ainda quedan cousiñas por fotografiar)
O Proxecto está a resultar bastatne intetresante, e observo que os rapaces están afeitos a este tipo de de aprendizaxes, cada vez son máis curiosos, preguntan, están atentos... Unha maravilla velos así!

Para rematar a entrada do blogue, deixo ésta sinxela recreación do que puido ser a erupción do volcán Vesubio (no ano 79 a.c) e a devastadora destrucción da cidade de Pompeya.


Manu, ao día seguinte… trouxo un libro de Pompeya! ja ja ja

Tiven que facer moito fincapé que no ano 79 a.c, non había policías, bombeiros, teléfonos, hospitais, coches, avións... etc etc Que hoxe en día hai mecanismos que detectan a actividade   dun volcán  e se vai entrar en erupción, ademáis dos protocolos de evacuación.

Algún... preguntou se había volcáns cerca e tivemos que investigar e mirar nun mapa.
Estamos a salvo! 




lunes, 14 de enero de 2019

DESTREZAS NOVAS


Os rapaces de 5 anos, afianzámonos na destreza manual do uso do afilalápiz ou sacapuntas. 
Ainda que semelle unha tarefa sinxela, nestas primeiras idades ainda implica bastante coordinación óculo-manual e non lles resultan tan doado.
Borrar coa goma,  estender correctamente o pegamento, recortar coas tesoiras, afiar os seus lápices e pinturas... son destrezas manuais básicas, que resultan ser moi importantes que adquiran na etapa de infantil. 
Calqueira destas destrezas pódense practicar na casa!





__________________________________________________________________
____________________________________________________
________________
Os proxectos que imos a desenvolver no 2º trimestre están adicados aos VOLCÁNS e en Arte estará adicado ao pintor ANDY WARHOL.
Avanzaremos nas matemáticas manipilativas e xogos de lóxica, ademáis seguiremos dándolle continuidade  á realización de sumas sinxelas e á iniciación á resta
Tamén continuaremos cos 2 cuadernillos adicados ás consoantes en minúscula e a iniciación ao proceso lector (segundo cada caso individualizado).

Esperamos aprender moitísimo e pasalo moi ben!



martes, 8 de enero de 2019

1º Día de clase 2019


Hoxe comezamos a xornada cunha agradable sorpresa.
O Apalpador, Papá Nöel, Melchor, Gaspar e Baltasar tiveron a xentileza de coordinarse entre sí e deixarnos unha carta e un pequeno agasallo para todos/as.
Ás veces algo tan pequeño e sinxelo, fai pasar ratos moi grandes e divertidos, e o máis increíble era que xogabamos e participabamos todos.
Iker e Juan Carlos foron os encargados de abrir o paquete.

Adiviñades que é? 
Un xogo de mímica e sons.


lunes, 7 de enero de 2019

CURSO 2019

 Ola rapaces e familias, mañá martes día 8 de Xaneiro retomamos as clases.
Espero e desexo que os Reis Magos cumplirán os vosos desexos, desfrutarades coas vosas familias, descansasedes e fosedes tremendamente felices.

Graciñas a tódalas familias que o último día nas axendas escolares,  felicitaronme as festas de Nadal.
Desculpade non contestar a todos/as.