sábado, 22 de abril de 2017

PSICOMOTRICIDADE


Nas sesións de PSICOMOTRICIDADE, facemos moitas cousas coa profe: circuítos, xogos, xogos populares, carreiras, xogo libre... empregamos moreas de materiais para estas actividades: colchonetas, pelotas, aros, cordas, bolas saltarinas... o importante e divertirse, favorecer a unidade de grupo, cooperación, coordinación grosa, atención a ordes, comprensión dos xogos, conceptos espaciais e temporais.... E moitas máis cousas!

A profe acaba de atopar estas fotiños, do 2º trimestre. Nesta sesión fixemos "ARTE NO XIMNASIO", parece difícil Verdade? pois non... foi moi doado! Mirade as fotiños!
Fixemos a interpretación da escultura de "Mujer y pájaro" de Miró.




Saída a ALDEA NOVA

SAÍDA A ALDEA NOVA

Fai unhas semanas tivemos a oportunidade de ir a ALDEA NOVA. O tempo acompañou e puidemos visitar tódalas instalacións e participar nas actividades propostas polos monitores. Ademáis de interactuar e observar de maneira directa, os diversos animais que había na finca.
Non disponemos de fotos de tódolos nenos/as de clase, dado que estábamos organizados en diferentes grupos e aulas.
Pero... ainda así podo amosar algunas! Pasámolo moi ben, e portámonos xenial.


VIDEO

                      

O interese e a curiosidade que senten os nenos destas idades, hacia os animais é incrible.
Tendo en conta isto, imos realizar o seguinte Proxecto. Animádevos a colaborar e participar!

Este 3º trimestre imos facer un PROXECTO adicado aos POLIÑOS. Precisamos facer un Recanto onde os nenos/as poidan investigar, observar e descubrir cousas acerca destes animaliños.
Pódedes participar aportando información, fotos, imaxes, contos e/ou libros relacionados con pitos, galiñas e aves, peluches, manualidades... etc calqueira cousa que serva para incentivar o seu interese e favorecer a súa curiosidade.

Lembrade poñelo nome as cousiñas que traían!
(Mandaremos nota, para o desenvolvemento deste Proxecto ).



INTERCENTROS 2017


Coma tódolos anos, o Concello de Narón, convida aos centros educativos do Concello a participar no certame de "INTERCENTROS".

As obras prásticas están relacionadas coa nosa cultura galega ( tradicións, costumes, folclore, literatura, arte....).
A aula de 3 anos, imos paticipar facendo unha reinterpretación artística do conto de CARLOS CASARES a quen se lle adica as LETRAS GALEGAS 2017.
O conto seleccionado é  A GALIÑA AZUL, e o versionamos empregando as cores de JOAN MIRÓ, o cal traballamos no 2º trimestre. Aquí tedes o resultado.
Polo de agora ainda nos dispoñemos das datas para a exposición das obras escolares, que se porán no Pazo da cultura de Narón. 




 O escritor galego Carlos Casares e o pintor catalán Joan Miró, danse "a man" para reinterpretar esta Obra.



DIA DO LIBRO 2017

Día do libro na aula de 3 anos do Feal

O día 23 de Abril celebramos o DIA DO LIBRO, para conmemorar este día fixemos estas fotiños "lendo".
No nóso caso máis ben... mirando e posando para a cámara.
Ainda así, a presenza da lectura de contos está moi presente na nosa rutina de aula, ao longo da semana a profe na asamblea leenos un contiño, e despois de merendar sempre facemos uso da biblioteca de aula, de maneira libre, a través destas pequenas rutinas imos collendo o gusto pola lectura de contos dende idades temperás.










Cómo agasallo para este día, deixovos estes VIDEO-CONTOS para que os compartades cos vosos/as fillos/as. Estes mesmos foron elaborados por Mestres e alumnos/as de diferentes Centros Educativos de Galicia para o lecer  e entretemento de todos/as.
Tódolos video-contos que a continuación se amosan, son de Editorias moi coñecidas como KALANDRAKA ou OQO, podedes atópalos en formato papel, nas vosas librarías de referencia.

LOBO FEROZ
COCORICO

A TOUPIÑA

UN BECHO EXTRAÑO

FELIZ DÍA A TODOS!
--------------------------------------------------
LUNS 24 DE ABRIL
Xornada científica

O luns 24 de Abril, imos ter unha xornada moi especial da man da profesora de Ciencias de Secundaria, María, que un ano máis organiza actividades divertidas de carácter experimental, científico e de observación para tódolos rapaces, e sempre convida aos nenos/as de infantil a participar nesta experiencia. 

Amosaremosvos as fotiños noutra entrada no blogue.

Lembrade preguntarlle aos rapaces, a ver que foi o que máis lles chamou a atención!