jueves, 23 de enero de 2014

XANEIRO


Ola a todos/as! 

Pensabades qué me esquecera de todos/as vós eh? Pois a verdade e que non, pero ainda non dispoño de internet, asi que... as nosas andanzas na escola as vou contando moi lentamente!
Feliz ano ante todo! 
Coa chegada do novo ano tamén deu lugar un novo mes. O primeiro mes do ano, Xaneiro, un mes moi frío e con continúos cambios climáticos, temos que abrigarnos todos moi ben, xa o dí o refrán: "En xaneiro abrígate con dúas capas e un sombreiro". Andamos a memorizar algúns refráns relacionados co mes de Xaneiro e a estación do inverno, pero... son un pouco liosos e trabucámonos moitas veces. Aquí vos deixo estes dous refráns que recitamos na clase:
" De Xaneiro a Xaneiro, come carneiro"
"Coa lúa de Xaneiro, vese a formiga no carreiro"

Tamén neste mes cumplen anos, "os maiores da clase" como  a nosa artísta Claudia e Raúl. Celebramos os seus cumples, as anteriores semanas. 
 
Estas son as fotos dos seus cumples. Parabéns! e graciñas polo bizcoito e os gusanitos a ámbolos dous.

CLAUDIA




RAÚL




E aquí nas súas orliñas de cumple

A vindeira semana, o xoves 30 celebramos o Día da Paz, lembrade rematar a tarefa e traela ao cole o luns. Nós estamos a colaborar cun mural "xigante" tocounos elaborar o "Arco da vella" para a festividade, ademáis unhas nenas moi maiores de 6º, viñeron a ensinarnos unha pequena  coreografía, para bailar na festa.




GRACIAS  AMINA E ANDREA POLO VOSO BO RITMO!

E aquí podedes ver a elaboración do mural.




GRACIAS, pola colaboración na lectura. Tódolos venres levaran unha cartilla ( leeremos a nova e a anterior) é moi importante que os luns traian as súas carpetas (teñen que asumir responsabilidades: levala e traéla, sen que ningún adulto o indique).

Ata a próxima amigos!