viernes, 22 de marzo de 2013

Vacacións de Pascua


Felices vacacións de Pascua!
 
Comezamos as nosas merecidas vacacións, despois de varias semanas preparando a recta final do 2º trimestre por fin tivemos a oportunidade de levar á casa os nosos "tesouros".
Aquí podedes ver as tarefas plásticas que preparamos nas últimas semanas.
 
 
 Tamén gustaríanos contarvos que o martes 20 de Marzo ás 12:02 naceu a...
 
primavera
 
E para celebralo engalanamos o corredor con debuxos, frores, e bolboretas.
Tamén podedes observar debuxos do noso Xardín das Letras, o cal  arrecende que dá gusto! dado que nos naceu unha nova letra.
A P pero en minúscula!
 Felices vacacións a todos/as, esperovos o martes 2 de Abril!
Desfrutade das imaxes! Xa se me olvidaba! mirade que compi máis guapa temos! Chámase Yennifer e é moi boa.
  
    

 
 
 
 
 

sábado, 9 de marzo de 2013

A música amansa ás... feras?


A música amansa ás feras! sen dúbida...
O venres tivemos concerto no cole, estivemos moi atentos cos nosos olliños,  orelliñas e con todo o sentido do ritmo! nin parpádexabamos. Un grupo  de corda amenizou a velada durante unha hora e cuarto, e foi unha experiencia xenial! por non falar da calidade deste grupo de magníficos músicos chamados "Arco iris". 
Coma mestra, opino que foi unha actividade chulísima e os nenos/as cando chegamos á clase non paraban de falar do ben que o pasaran e o moito que lles gustara; aproveitando o entusisamo suscitado pola actividade musical, seguimos indagando un pouquiño máis na PDI sobre os instrumentos que vimos.
 
 
Estos son os instrumentos que nos amosaron no concerto
 
 
Noa,  dixo que semellaban unha "familia de violines": o pai o contrabajo, a nai  o violenchelo, a filla sería a viola e o fillo o violín, non ía moi desencamiñada, Non creedes?
 
Tamén investigamos como se chama o pau co que se dirixe aos musicos, e que tivemos moita envexa de Fabián (tivo sorte e tocoulle dirixir e incluso puxo unha chaqueta de director ).
 
 
Descubrimos que o pau chamase batuta, e serve para dirixir aos músicos, e para iso precisamos unha partitura, onde están escritas as notas musicais.
Na clase tivemos a oportunidade de dramatizar e representar todos a un director de orquestra  escoitando unha das pezas musicais que escoitamos no concerto,  foi a de Amadeus Mozart "Pequena serenata nocturna-Allegro".
Premede no vídeo para escoitalo, e deixade que os vosos "pequenos músicos" den renda solta á súa batuta e que vos dirixan con soltura.
 
 
Xa pra rematar desexarlle a Hugo un feliz cumpleanos e graciñas polo bizcoito.
 
 
E feliz día da muller, que celebramos onte! ainda que deberíamos celebralo tódolos días!