lunes, 25 de marzo de 2019

Chegou a primavera!

O 21 de Marzo entrou a nova estación A PRIMAVERA.
Elboramos entre todos/as este mural para conmemorar o día e adornar o corredor de infantil.
Está inspirado nunha obra de Andy Warhol.

 
 
 Tamén veu a  visitarnos o irmaciño de Aroa, xa ten 3 meses e o bó tempo quixo que nos acompañaran un anaquiño na nosa xornada escolar.
Aroa actúou de irmá maior, e todos/as querían coller no colo a Erik e/ou tocalo.
Gracias Jennifer!

 …………………………………………………………………………………………………………
…………………………………………………………………………………………………………..


A semana pasada foi unha semana chea de boas experiencias fermosas!
Javi o pai de Jimena, acompañados por Montse na xornada, falaron dunha das aficcións de Javi, que é a pesca.
Explicounos as características das cañas de pescar, algúns tipos, os anzós, indumentaria do pescador, precaucións no río e na contorna, medidas que teñen que ter as troitas…
Ate trouxo "carnaza" ou lombrices para observar!
 Fixemos uns debuximos despois de escoitar esta experiencia na aula.

……………………………………………….
………………………………………………………
COIDADOS DAS MASCOTAS
Unha xornada canina!
Charla e experiencia cos cans.

Ate fixeron unha  proba real, dado que eran cans adiestrados para os rescates, e tiveron que atopar a Ángel, Javi e outros 2 rapaces da aula de 4 anos, que estaban escondidiños nun contenedor... e o can atopounos de inmediato.


                            Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox

CUMPLEANOS DE MARZO

Aquí están os homenaxeados do mes de Marzo: Manuel, Erik, Tania e Izan de la Viña.
O venres xunto coas súas familias celebrámolo na aula.
Gracias pola colaboración e participación na festividade.
Marina elaborou unha súper-tarta!



Parabéns a todos/as!

AQUARIUM FINISTERRAE DA CORUÑA

 Por fin chegou o gran día!
Qué nerviosos estábamos! Íamos ao Aquarim da Coruña, o tempo acompañounos e puidemos desfrutar da ansiada visita.
Polbos, estrelas de mar, corvinas, raias, langostas, mexilóns, anémonas, peixes paiaso, lubinas, tiburóns, peixe San pedro, congrios...
E o famoso  GASTÓN!!!!
Non dispoñemos de moitas fotos, dado que non podemos empregar flases nin molestar ás especies mariñas.
Pero observade! Aquí tedes a Gastón. Nós tivemos a oportunidade de ver aos mergulladores (buzos) de darlles de comer na sala Nautilius.

GASTÓN É UN COMILÓN, 
É UN BÓ DÍA DEUSE UN BANQUETE
 E COMEU UN PARGO DE 9 KILOS








Non puidemos ver cómo comían as focas. Unha mágoa!

 Bicos para Ainhoa. que por motivos de saúde non puido asistir.

martes, 19 de marzo de 2019

PROXECTO DOS VOLCÁNS


Ésta entrada no blogue está adicada ao Recanto dos Volcáns, onde as familias dos nenos/as de 5 anos foron aportando e elaborando materiais.
Éstas son as fotiños que faltaban por amosar das aportacións e experiencias, para o desenvolvemento dos contidos do proxecto de aula.
Ainhoa, explicou aos seus compañeiros/as, cómo elaborou a súa maqueta de volcán. Empregou un material blandiño e de boliñas.
Insistiú en que se caía ao chan, non pasaría nada porque non rompería... ja ja ja!

O avó de Antonio, aportou éste cadro que él mesmo pintou e servíu de eixo para ésta actividade plástica, que consistíu en pintar con pincel un volcán.




Os rapaces seguiron aportando materiais ao longo do trimestre...
 Traballamos e identificamos as figuras xeométricas de: cono, cubo e esfera.

E moitos debuxiños!

Os nenos/as a través dos debuxos amosan as súas aprendizaxes e experiencias persoais.

ANDY WARHOL 2019

PROXECTO DE ARTETRIMESTRE ANDY WARHOL
POP ART 
NO FEAL

Para saber un pouco máis acerca deste pintor estadounidense, premede nos vídeos.



As súas obras son moi coñecidas, ademáis das súas cores atractivas e vistosas para os rapaces máis pequenos, son fácilmente recoñecibles os seus debuxos e cadros.






Xa temos o proxecto moi avanzado e aprendimos unha morea de cousas.
Aquí temos unha escolma de fotos namentres traballamos e desenvolvemos o proxecto.

OS MEUS WARHOLIÑOS TRABALLANDO
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox