lunes, 25 de marzo de 2019

Chegou a primavera!

O 21 de Marzo entrou a nova estación A PRIMAVERA.
Elboramos entre todos/as este mural para conmemorar o día e adornar o corredor de infantil.
Está inspirado nunha obra de Andy Warhol.

 
 
 Tamén veu a  visitarnos o irmaciño de Aroa, xa ten 3 meses e o bó tempo quixo que nos acompañaran un anaquiño na nosa xornada escolar.
Aroa actúou de irmá maior, e todos/as querían coller no colo a Erik e/ou tocalo.
Gracias Jennifer!

 …………………………………………………………………………………………………………
…………………………………………………………………………………………………………..


A semana pasada foi unha semana chea de boas experiencias fermosas!
Javi o pai de Jimena, acompañados por Montse na xornada, falaron dunha das aficcións de Javi, que é a pesca.
Explicounos as características das cañas de pescar, algúns tipos, os anzós, indumentaria do pescador, precaucións no río e na contorna, medidas que teñen que ter as troitas…
Ate trouxo "carnaza" ou lombrices para observar!
 Fixemos uns debuximos despois de escoitar esta experiencia na aula.

……………………………………………….
………………………………………………………
COIDADOS DAS MASCOTAS
Unha xornada canina!
Charla e experiencia cos cans.

Ate fixeron unha  proba real, dado que eran cans adiestrados para os rescates, e tiveron que atopar a Ángel, Javi e outros 2 rapaces da aula de 4 anos, que estaban escondidiños nun contenedor... e o can atopounos de inmediato.


                            Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox

1 comentario: