domingo, 22 de febrero de 2015

ENTROIDO 2015

ENTROIDO 2015


Ola a todos/as os nosos/as seguidores! Queredes ver qué fixeron as "Formiguiñas de 4 anos" ao longo deste Entroido? Pois mirade... fixemos carautas de animaliños, elaboramos unhas guitarras chulísimas, adornámolo corredor e desfrazámonos de auténticos roqueiros.









VÍDEOS DA ELABORACIÓN DAS GUITARRAS 
e  DESFRACES







martes, 3 de febrero de 2015

DÍA DA PAZ 2015

 
XA ESTAMOS AQUÍ DE NOVO!
 
Benvidos/as á primeira entrada no blogue das formiguiñas, neste recén estreado 2015.
Xa temos moreas de cousiñas que contarvos que acontecen na nosa aula.
 
Comezaremos falando de algo moi especial que se celebra o 30 DE XANEIRO, que é
o DÍA DA PAZ, tal e como se recolle na Orde do calendario escolar,  neste día conmemoramos a paz e a non violencia.
Fixemos varias actividades, coma por exemplo unhas bonitas pombiñas, e saímos ao patio dos maiores a cantar e bailar unha canción do cantante Macaco (podedes premer no vídeo para escoitala) e algo que nos gustou moito foron as pombas que sairon voando dunha caixa. Chovía a reo, e tivemos que estar moi atentos para poder velas voar!
 
 
Canción: Brindo por ti. Macaco
 


 
 
Tamén participamos e colaboramos no mural da paz que fixemos entre tódalas etapas.
Pensamos  entre todos/as unha mensaxe con valores nos que se reflectísen a paz,a amizade e o amor, despois escribiuse, e metímolo dentro dunha botelliña de plástico e decorouse.
 
 O título do mural é:
O mar da vida deixou unha mensaxe para ti.
 
 
 

 
Outras das cousiñas interesantes que queremos amosarvos, é o noso proxecto de arte baseado nas obras pictóricas do afamado pintor galego LUIS SEOANE.
 
 
A través dos seus cadros coñecemos as diferentes técnicas plásticas que se poden aplicar e acercámonos ao arte dende una perspectiva moi lúdica, ademáis de coñecer a vida do pintor.
 
Estas son algunhas das obras que xa fixemos: A Chambra branca, Figura rosa e A árbore.
 
 
 
 
Estou segura que non creedes que fixéramos nos isto, eu sei que unha imaxe vale máis que mil palabras, mirade que ven o facemos e o concentrados que estamos!
A profe está moi orgullosa de todos nós.
 
 
 
 


Á volta do Nadal, as tarefas das formiguiñas cambiaron de cheo: agora facemos xogos de letriñas, números, crebacabezas, memories... nas mesas e colaboramos entre todos/as para axudarnos aprender as cousiñas, isto enténdese coma aprendizaxes colaborativas.


Temos xogos novos dos nomes,  para aprender e identificar os nomes dos nosos compañeiros/as.
Isto permítenos aprender as letras xogando, e acercándonos á escritura.
Tamén investigamos as letras polas que empezan os amiguiños/as.

 



No noso xardín máxico das letras, naceron 2 vogais novas, en minúscula as cales 
descoñecíamos a i e maila u.
Na próxima entrada do blogue contaremos máis polo míudo as tarefas que levamos a cabo con estas letriñas.
 
Ata a próxima entrada amiguiños!
 
Lembrade que o Entroido está a piques de chegar ao Feal, e os nenos/as de Infantil xa nos estamos preparando, estade atentos!