miércoles, 29 de febrero de 2012

LEMBRANZAS

Hoxe estivemos falando de cando eramos pequenos, e recordando cousiñas que pasaron no cole dende que comezamos en Setembro: O Samaín, magosto, os desfraces,  traballiños, cando nos coñecimos, xogos, cancións, risas, llantos, enfados, bailes, comportamento, reis magos, a paz, o recreo.... e incluso algunha travesura... uf! son moitas cousas. Foron eles mesmos os que me diron esta idea, para poder facer este video co material fotográfico gardado (ainda  quedan moitos momentos por visonar aún!).
Vaia lembranzas! pois que están cambiados estos pequerrechos!! Qué tempos aqueles dos inicios na escola dos maiores! xa están feitos uns "homiños e mulleriñas ben xeitosos".

Aquí vos deixo esta  escolma de fotos de diversos momentos vividos polos vosos fillos/as.
Acomodadevos que  hai moito que ver!

viernes, 24 de febrero de 2012

ANIVERSARIOS

cumples

O xoves estivemos de celebración na clase. Estabamos todos/as moi contentos de volver a vernos, despois das vacacións do Entroido. A nosa compañeira  Sabela  cumplíu  4 aniños, e o celebramos na clase, cantamos a canción, sopramos a vela, fixemoslle unha coroa e lle agasallamos cun libriño de debuxos, ela  pola súa banda deunos uns gusanitos. Parabéns pequerrecha!

Foron moitos os nenos e nenas que celebraron o seu cumpleanos na clase ao longo do 1º e 2º trimestre, pero antes non tiñamos blogue... e non se podían ver ditas celebracións. Aquí van unhas pequenas fotomontaxes de ditos aniversarios.
Parabéns a todos/as os homenaxeados/as! 
O CUMPLE DE NOA FOI O 1º QUE CELEBRAMOS


DESPOIS CHEGOULLE O TURNO A ANTÍA SOLLA


O DE TIAGO FOI O DERRADEIRO DO 2011 NA NOSA AULA

CLAUDIA FOI A 1ª EN CUMPLIR NO 2012. É A MAIOR DA CLASE!


E DESPOIS... O ANIVERSARIO DE SARA

BONECOS DE NEVE

Tivemos unha semana moi curta. Adeus filloas, orellas, cocidos carautas e choqueiros. Ata o ano que ven! O Entroido pasou e volvemos á nosa vida cotiá. Parece que o frío Siberiano nos está dando unha pequena “tregua” e sae o sol. Ainda así… o frío do inverno non desaparece. Hoxe por fin tocounos levar os nosos bonecos de neve que xa levan bastante tempo feitos! A profe xa tiña medo que se derretisen na clase. Algúns bonecos de neve “quedaron a durmir” na clase (por problemas técnicos) seguro que o luns xa están nas súas casas. Esperamos que vos gusten!


BONECOS DE NEVE EN 3 ANOS B!

       

viernes, 17 de febrero de 2012

VACACIÓNS


entroido

O período de vacacións abrangue ata o día 22.
O Xoves 23 de Febreiro reanudaremos as clases.
Feliz Entroido!

DESFRACES

Por fin chegou o gran día! O noso primeiro ENTROIDO no cole dos maiores. A clase encheuse de todo tipo de desfraces: princesas de todo tipo, héroes, hippies, punkis, duendecillos, brancaneves, homes ninyas, piratas, vaqueiros, magos, vikingos, “bailaora” de flamenco, unha vaca, un paiaso, un “señor do bosque”… e ata tiñamos un policía que controlaba toda a festa!! Non sei se me queda algún por citar, estou segura que sí, pero todos/as estaban ben guapos. A merenda foi un éxito (grazas polas lambonadas a tódalas familias) a xornada foi longa… e o cansanzo fíxose patente a unha determinada hora: capas que se caían, gorros e antifaces polo chan…vestidos que se ían desmontando…maquillaxes que se borraban da cara, perrucas que picaban… en fin! Ir de entroido ás veces non é tan doado…pero pasamolo moi ben. Aquí tedes as fotos da xornada, desfrutádeas.


FIXEMOS O INDIO

Esta semana foi moi intensa. Estivemos a traballar sobre os INDIOS: os tipis, bisontes, canoas, tótems, frechas, plumas de cores…. invadiron a nosa aula. Xogamos a indios, pintamos a cara, fixemos carautas e cantamos  cancións coma “O cabalo pichirilo”... entre outras moitas cousas. Estas son algunhas das fotiños que nos fixo a profe ese día. Algún e algunha meteuse de cheo no papel de “facer o indio dentro da clase” ainda que non fai falla estar desfrazado para facelo… .
ONDE ESTARÁN OS CATIVOS DO BURGO?





martes, 14 de febrero de 2012

UNHA VISITA ESPECIAL

O luns tivemos unha visita moi especial, nada máis  e nada menos que un DOUTOR.
As profes e os seus axudantes viñan argallando esta visita dende facía un tempo.
Na Unidade 4 estivemos traballando varios conceptos, entre eles estaba a figura do médico… No inverno é moi habitual visitalo con frecuencia, debido a que nos arrefriamos cunha maior facilidade…nada máis lonxe da realidade, puidemos observar como quedaron as nosas aulas de 3 anos A e B sen case alumnos por estar maliños a semana pasada.
Enfocamos esta actividade dende unha perspectiva lúdica e de entretemento para os máis pequerechos; Amosamoslles os aparellos que empregan os médicos: fonendoscopio, depresores, otoscopio, martelo, vendas, xiringuillas, tiritas…e incluso unha bata médica para nenos! O doutor que presentou a actividade chámase Miguel, este mesmo trouxelles aos nenos/as unha morea de aparellos para que puidesen exploralos e xogar alí mesmo. Divertímonos moito, fixemos preguntas…  e tamén tivemos a sorte que nos agasallou cun maletín médico de xoguete para compartir coas dúas aulas.
Non é de estranar que cando volvimos á clase todos querían ser médicos, enfermeiros/as… Ninguén quería ser doente!!.. Unha elección moi sabia, Non sí?
     



Gracias a todos/as os que participaron nesta actividade e sobre todo ao noso Doutor, estou segura que cando teñan que volver á consulta médica a perspectiva que terán xa non será a mesma. Parabéns.

viernes, 10 de febrero de 2012

ARTISTADAS

      Esta semana tocounos taller de plástica, e estivemos traballando sobre un cadro de MIRÓ.
Deste artista aprendimos qué se chama Joan Miró e naceu en Barcelona, gustaballe moito pintar, ademáis de pintor, era escultor e ceramista. As súas pinturas son surrealistas e de carácter abstrato, pero nós os máis pequerrechos  non tivemos ningún problema en interpretar o seu cadro de “Muller e filla ante o sol”.
     Algúns elementos eran moi fáciles: o sol, a lúa, estrelas…pero a muller e a filla chegaron a ser interpretados como animais de todo tipo…Identificamos cal era cal, e expliqueilles que a muller (a mamá) era unha figura moi importante nos cadros que pintaba Miró e amoseilles algún máis para que visen outra muller pintada por este artista, coma por exemplo “Muller ante o sol”.
     A nosa compañeira Aldara fai unhas semanas trouxonos dúas obras de Miró, feitas por ela, coa axuda da súa familia isto permitíunos acercarnos un pouco máis a este artista (é unha lástima que estívese enfermiña e non puidese facer este traballiño, estou segura que lle ía interesar moito).
                         
As obras de Joan Miró conectan moi ben coas interpretacións que fan os rapaces e rapazas da Etapa de Infantil dado o emprego chamativo das súas cores primarias e o uso de líneas e formas xeométricas, esquemáticas… as cales expresan o entusiasmo pola vida, a enerxía e a ledicia máis alá dun mero xogo infantil.

jueves, 9 de febrero de 2012

A PAZ CELEBRASE TÓDOLOS DÍAS

Os nenos e nenas de 3 anos B estivemos  celebrando o Día da Paz con todos os compañeiros/as do cole o luns 30 de Xaneiro.  Retomei  outra vez estos días o “Qué significaba para eles a Paz?”
Chegamos á conclusión que a Paz non se celebra tan só o 30 de Xaneiro,  senon tódolos días e de diversas maneiras. Estas son algunhas das ideas que xurdiron na asamblea da mañá: compartir, recoller os xoguetes, as pinturas... axudar a poñer o abrigo, axudar a subir e baixar as escaleiras, comer todo, ser amigos, non pelexar, non morder, facer os traballiños ben, non berrar, non correr por clase, obedecer ás profes, aos av@s, aos papás- mamás, tí@s... sendo bos, esperar a quenda para  falar, escoitar…
En fin!! Isto é o que significa para un nen@ de 3 anos a PAZ, non van desencarrilados…non creedes?  pouco a pouco e pasiño a pasiño van adquirindo hábitos útiles para a súa vida cotiá e adquirindo valores  tan importantes como a amizade, o compromiso e a xenerosidade... entre outros máis.
Ás veces os pequenos hábitos aprendidos  pódense converter en grandes  valores (cando chegan a súa idade adulta) por iso é importante comezar xa dende pequeniños a traballalos dende a escola.
Estas son algunhas das fotos da semana pasada e do traballiño que fixemos para ese día. Premede enriba da imaxe para poder velo.

                     

miércoles, 8 de febrero de 2012

ENFERMIÑOS E ENFERMIÑAS

Levamos uns cantos días coa clase case baleira de nenos/as. Uns por  unha forte tós, mocos, febres ou dor de estómago, entre outras doenzas máis... Os compañeiros/as xa comezan a preguntar onde están, e se van a volver ao cole. Esperamos que todos/as se recuperen pronto, e volvamos á normalidade.

A mellorarse rapaces! e collede moita enerxía para a volta á rutina escolar.

Un abraciño para todos e todas
dos vosos
compañeiros/as e mestra

martes, 7 de febrero de 2012

ISTO PARECE UN CIRCO!

     Non cabe lugar á dúbida que ás veces a nosa aula é coma un circo, temos de todo: trapecistas, domadores, malabaristas, paiasos e paiasas, fieras de todo tipo... pero ante todo... Somos uns artistas!
    Fai uns días o circo Roi veu ao  Burgo, e algúns nenos/as  foron visitalo coas súas familias e foron moitos os que quixeron contar as súas impresións na asamblea da mañá; Chamoulles a atención os tigres, os cabalos, os ponis e os paiasos... sen embargo a nosa compañeira Noa chamoulle moito a atención que nas farolas da rúa penduraban carteis que anunciaban o circo e ademáis nos  trouxo unha nariz de paiaso de cor verde.
    Dita nariz deu bastante xogo... e a probamos todos/as (incluso a mestra) pero... algúns nenos caiaselle todo o tempo porque a súa nariciña era aínda moi pequerrecha. Pero mirade que fotos máis divertidas fíxemos para comezar o noso blogue  cun sorriso... Non sí?





jueves, 2 de febrero de 2012

BENVIDOS A TODOS E TODAS

Hoxe comeza a nosa andaina. É a verdade e que estou un pouco nerviosa ... como ben sabedes todos e todas as  Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) están moi presentes nas nosas vidas cotiás, na vida dos máis pequerrechos e tamén nos centros escolares.
É por iso, que dende a nosa aula queremos convidarvos a visitar o blogue o cal albergará as experiencias, actividades, eventos, celebracións... que os vosos fillos e fillas van realizando na escola. Neste blogue empregarei aplicacións coma fotos, vídeos, enlaces de páxinas webs, e outros recursos ... Convídovos e anímovos a que se tedes internet preto, aproveitedes esta oportunidade para visitar a aula de 3 anos B dende outra perspectiva.
Espero que vos guste e poidades desfrutar moito!