domingo, 18 de marzo de 2018

CATRO VELLOS MARIÑEIROS

CATRO VELLOS MARIÑEIROS

CANCIÓN CON LETRA PARA CANTAR

No cole imos versionar, a canción de Catro vellos mariñeiros, versionada no CD de Uxía Lambona e a Banda Molona, en  A bailar coma tolos.
Estou segura que moitos avós e avóas estarán encantados de axudarlles a memorizar ésta coñecida e fermosa canción da nosa tradición folk e cultura popular galega.

martes, 13 de marzo de 2018

CUMPLE DE TANIA

6 DE MARZO
Tania xa é maior! Celebrou o seu cumple na aula, soplamos velas e comimos dous bizcoitos.
A profe Sandra dí que somos os "Monstruos dos bizcoitos".
Aquí tedes as imaxes de dita celebración. Parabéns pequerrecha!




...............................................................................................
............................................

O pasado día 8 de Marzo celebramos o Día da muller traballadora, falando principalmente das mulleres máis cercanas á nosa contorna, nais, avóas, bisavóas, tías, madriñas, coidadoras.... e diferentes profesións que desempeñan as mulleres e as labores cotiáns de ámbolos dous xéneros.
A nosa compañeira Alicia, aportou éste contiño tan chuli que nos serviu de fío conductor para desenvolver algún dos contidos anteriormente expostos.

...........................................................................

Estimadas familias parabéns e gracias polas aportacións que estades realizando ao recanto MEDIEVAL.
Á volta das vacacións de Semana Santa, adicarei varias entradas, para que todos/as teñades a oportunidade de ver os materiais cos que estamos traballando.
Teño que organizar todo o material fotográfico e atopo problemas técnicos ca plataforma dos vídeos. Pídovos pacienciña!
Hai material variado: comercial ou feito polas familias cos rapaces.