miércoles, 29 de abril de 2015

PLÁSTICA



Coa chegada da primavera, animámonos a facer moitas cousiñas a partires de materiais de refugallo como son os rolos de papel hixiénico e as hueveras.
Primeiro fixemos uns tulipans chulísimos.

A partires do conto da eiruga glotona,  decidimos facer as nosas propias eirugas, para levar á casa.
Na clase, estamos investigando o ciclo vital dos vermes de seda, a un dos vermes os nenos e nenas da clase chámanlle "Spiderman", por que é moi "travieso" e non para quedo e sempre estase movendo entre as follas da morera. Temos que observalos tódalas mañás, se comen, se medran, se mudan de pel... e dárlles folliñas de morera.
 

Tamén particimos no Certame Intercentros proposto polo Concello de Narón, a obra plástica coa que participamos e do pintor galego Luis Seoane, fixemos unha reinterpretación da "Chambra Branca". Esperamos que vos guste.


Convido a tódalas familias a que visiten dita exposición no Pazo da Cultura de Narón, onde participan todos os coles do concello.

DIA DO LIBRO



23 DE ABRIL DIA DO LIBRO

Ao longo da outra semana e desta, estivemos celebrando o Día do Libro, cunha actividade moi especial nas aulas de 3,4 e 5 anos. Dende o ciclo de infantil convidamos ás familias de maneira voluntaria a que nos leran un contiño na aula.

Foron moitas as familias que amosaron interese por esta experiencia, outras sabemos de antemán que non puideron participar por motivos laborais e familiares. Dende aquí, agradezo o seu interese e dalas gracias as persoas que sí tiveron a oportunidade de participar.

Nas seguintes montaxes fotográficas, podemos ver ás nais que viñeron a leernos contos tan diversos e variados, e ante todo divertidos e entretidos.

A primeira en asistir a ler un conto, foi Patricia a nai de Adrián Vázquez, o conto seleccionado foi a "Eiruga glotona", o conto era moi bonito e tiña uns desplegables e uns troquelados que chamaban moito a atención.

A segunda, foi Yoana a nai de Erik que leunos varios contos con moralexa.
 Patricia, a nai de Carla Hermida leunos 2 contos, un sobre un xoven chamado Jorge e un dragón, e despois o conto de Caillou co cal pasámolo xenial, senón mirade esta fotiño.


Namentres, Raquel a nai de Aitana Rúa, interpretou o conto da "Ratiña presumida" coa axuda de Aitana que facía de "ratiña" e fixeron unhas marionetas de animais moi chulas que empregaron ao longo do conto.


Pola outra banda, Bea a nai de Iago contounos o conto dun terrorífico GRÚFALO, pero non daba nadiña de medo e gustounos moito; Iago aproveitou para lernos un conto e presentarnos ao seu irmanciño pequeno e falarnos  un pouco del.

 
 Aroa a nai de Izán trouxonos un conto xenial "O segredo de Flora" e aprendimos a non enfadarnos dicindo unhas palabras máxicas. 


 Por último, hoxe xoves, Cristina a nai de Roi (coa axuda inestimable de Roi) leunos o seu conto favorito un oso con moita fame... e gustounos moito o porque tiña troquelados e os animaliños saían fora do conto.




miércoles, 1 de abril de 2015

EXPERIMENTOS


         
EXPERIMENTANDO
Unha das actividades que máis nos gustou neste 2º trimestre foi unha xornada adicada a "experimentos" segundo decían os meus alumnos/as, máis ben era unha clase práctica, fundamentada nunha metodoloxía máis aberta e activa onde  o neno/a poida interactúar, tocar, ser partícipe na súa aprendizaxe con diversos materiais, a verdade e que estiveron moi entusiasmados/as e as aprendizaxes foron verdadeiramete moi significativas,  estiveron moi atentos dado que isto non o fixeran nunca. 
A continuación, amosamos algunhas das actividades que levamos a cabo:


MANTEQUILLA CON OUREGO

SAL, OUREGO, MANTEQUILLA, TOSTADAS E RECIPIENTES

Pasos: misturamos os ingredientes, por quendas... uns añadimos a sal, o ourego e gardámolo na neveira ata a hora da merenda.







DESPOIS O MELLOR!
A MERENDAR!
E xa por último, ca barriguiña chea, fixemos a tarefa no libro e escribimo-los ingredientes.





Ainda non sabemos se cheirará moi ben.... á volta das vacacións o descubriremos. Adrián foi o encargado de misturalos ingredientes.


E despois fixemos a actividade do libro, así resultounos moito máis doado.






 SENTIDO DA VISTA, DO GUSTO E DO OLFATO



AS FROITAS POR DENTRO

Saboreamos un chisquiño de sal e azucre e observamos detidamente como eran unhas froitas por dentro (despois as comimos) antes de facer o que nos mandaba o caderno.


HERBAS
 Olemos unhas cantas herbas aromáticas: lavanda, ourégo, tomillo, romero, manzanilla...

a



 UN PEIXE NA CLASE

Observamos un peixe de verdade, para ser exactos un lirio ou bacallau, mirámolas "agaias", os ollos, a boca, tocámolo, cheirámolo e abrimolo e vimos as súas espinas, despois lavámolas mans e fixemos a actividade.




ATA A PRÓXIMA AVENTURA!
Espero que vos gustase.