miércoles, 31 de octubre de 2012

ESTAS CASTAÑAS ESTÁN MOI BOAS...



Vaia qué ricas están as castañas!! Non sí?  se premedes enriba deste vídeo seguro que  algunha  castaña comeriadela enteiriña!!
                     
Resolto o misterio da castaña xigante? quen queira facer uso do castañomatón, xa sabedes onde está.

Cómo ben sabedes todos, onte celebramos o MAGOSTO no cole. Parabéns aos colaboradores da ANPA e ao noso conserxe Alfredo (que sempre está cando o precisamos), ademáis de todas as familias que aportaron castañas para poder celebralo .
Disque ... estaban moi boas!! non sei... non as cheirei por que as comeron moi rápido!
Mirade, mirade ....


Tamén engalanamos o corredor e a nosa porta para a ocasión: morcegos, pantasmas, cabazas... e algúns dos nosos traballiños do outono están  no corredor metendo medo a todo o que pasa por alí.
Vaia SAMAÍN !!!!



E para  meter medo na casa (sempre "medos divertidos" eh!!) fixemos unhas pantasmas ben chulas! que levamos o mércores. Non vos asustedes!!


E xa pra rematar...  unha SESIÓN DE MONSTRUOS! recordade que o medo é libre! eu a verdade é que non lle temo a ningún deles e vós? se sodes valentes premede enriba deste vídeo! e.. coidado son: AUTÉNTICOS MONSTRÚOS DE SAMAÍN!!
Tan só espero que non teñades pesadelos!
Boa ponte a todos/as!

                          

domingo, 28 de octubre de 2012

Aproximase o SAMAÍN


A semana foi intensa: Luis Seoane fixo a súa presenza na aula! seguimos a investigar sobre o Outono e as súas características e elementos, tamén aprendimos unha morea de cousas sobre as pegas (urracas) e as anduriñas (golondrinas), seguimos coas vogais u e i e o repasao dos números 1,2,3 e o trazo do 4 ... ainda que o qué máis nos anda a chamar a atención e que se aproxima o SAMAIN e o MAGOSTO,  recordade que  a próxima semana será moi curtiña e imos celebrar ambas festas! Estos son os 2 vídeos que nos gusta moito ver estos días. Non dan medo!! son moi divertidos.




ADIVIÑA ADIVIÑANZA!!! PARA QUE SERÁ ESTA CASTAÑA XIGANTE? 
A vindeira semana o descubriredes...




Pintámola entre todos e viñeron algúns compañerios de 4A a axudarnos.


sara
 
 
Sara contounos moitas cousiñas interesantes sobre ela e a súa familia! estaba moi nerviosa... tiña o traballiño moi ben preparado e incluso explicounos moitos máis datos dos que alí aparecían escritos. Parabéns pola actividade! Encántounos ó fixo moi ben. 


O Mércores 31 celebraremos no cole a tradicional festa de SAMAÍN (Halloween), recordade que poden vir disfrazados ese día ( dráculas, vampiros, pantasmas,cabazas...) é voluntario! ainda así, lembrade a comodidade do neno/a para ir ao baño e poñerlle o nome aos complementos do disfraz. Non teremos clases o 1 e mailo 2 Novembro, reanudaráse a rutina escolar o luns 5.

viernes, 19 de octubre de 2012

Qué aconteceu esta semana?


Temos que informarvos a todos/as que xa nos naceu unha nova flor no xardín máxico. Chámase "Marichú", e é unha flor ben chula! Xa temos ao noso coidado a flor i e u, e xa van dúas! isto é toda unha responsabilidade para todos nós, menos mal que cos coidados de Aurelio, as froreciñas van medrando moi fermosas. Tamén veunos visitar o Búho Hugo, pero ten tanta vergoña que non saíu na foto e tan só aparece polas noites, fai un son moi peculiar, queredes escoitalo? pois preguntádelle aos vosos/as fillos/as Cómo fai o Búho Hugo? e obteredes o son da vogal U.



Falando de sons... Sabedes que tódolos mércores imos co mestre Vicente a Música? Pois sí, na clase de música: cantamos, bailamos, movémonos, tocamos os instrumentos e  imos descubrindo pouco a pouco as súas caracterísitcas, e tamén facemos algún traballiño en papel... esta semana tocounos sons fortes ou febles (débiles) a qué é moi interesante? Mirade que xeito temos!


A partir de hoxe venres, da comezo unha nova tarefa para levar á casa o fin de semana (en diferentes quendas) para facer coas familias. Tratáse dunha autobiografía. Esta carpeta irá viaxando aos vosos fogares e alí teredes as pautas para elaborar a tarefa. Será unha maneira divertida de coñecernos todos un pouquiño máis e que os propios nenos/as (agora que xa son maiores) poderán explicar e contar aos compañeiros. Anímadevos e deixade voar a vosa creatividade! Esta semana tocoulle a Sara que foi a encargada, e comeza ela esta pequena aventura, moita sorte Sariña, xa estamos ansiosos de que nos contes moitas cousiñas divertidas túas!


Ao longo da próxima semana iremos comezando o Proxecto sobre LUÍS SEOANE.
Darvos as gracias a todos/as pola vosa participación. Sabía de antemán que ía ser difícil atopar cousas para traer ao cole, ( non era tan doado coma co proxecto do Fondo do Mar) pero cada un o intentou á súa maneira, e eu o valoro moito. Parabéns!
Xa teño cousiñas, pero noutra entrada do blogue volas iremos amosando!

Por último .... recordarvos a todos/as que os XOVES temos PSICOMOTRICIDADE, recordade traer roupa cómoda.


E xa pra rematar... para deixarvos cun BO SABOR DE BOCA! mirade que fixeron os nosos compañeiros de 4 anos A, dende logo que son uns larpeiros! e a súa mestra Maite toda unha experta reposteira, deronnos moita envexa e sobre todo FAMEEEEE!! Fixeron un ourizo de chocolate, que resultou ser a metade dunha pera cuberta con chocolate.Qué lambóns son na clase dos patos!


jueves, 11 de octubre de 2012

OUTONO


outono
Coa chegada do Outono, as paisaxes mudan de cores: laranxas, marróns, vermellos, amarelos, verdes... fan a súa presenza.
As noces, castañas, avelás, landras,  millo,  cabazas e  uvas... e  outros froitos secos e carnosos teñen cabida nesta estación, e dende o cole aproveitamos todos estos recursos naturais, para traballar multitude de aspectos de observación, comparación, identificación, comprensión, cantidade, linguaxe oral e escrita...
As nosas tarefas xiran entorno  ao outono, ata que o inverno chegue.
Os Equipos das mesas tamén cambiaron agora chámanse así:



EQUIPO DAS CASTAÑAS
Felipe, Raúl, Ceci, Hugo V., Nerea.






                                                                EQUIPO DAS FOLLAS
                                                                      Merlinda, Hugo M, Sara, Carolina
 
                EQUIPO DAS CABAZAS
                     Laura, Iván, Adrián, Sabela, Claudia
                                                                 EQUIPO DAS LANDRAS
                                                                     Mateo, Antía P., Antía S., David, Aita
                     EQUIPO DOS COGUMELOS
                      Martín, Noa, Rubén, Aldara, Tiago

TAMÉN TEMOS UN RECANTO NOVO !


 O obxectivo deste novo recanto e que poidan manipular, observar, tocar, comparar, descubrir... e poñer en funcionamento os 5 sentidos. Ademáis de provocar conversas constructivas e aprender cousas novas e interesantes.
Xa pra rematar vos deixo algunhas imaxes do que fixemos a semana pasada e esta.
Esperemos que vos guste.

Parabéns as familias que aportan  elementos.
Gracias Marisol por traernos cousiñas : marmelos, follas, cogumelos, castañas...
E gracias a todos os meus nenos/as qué tódolos días me amosan e agasallan con debuxos, e traballiños de números e letras que fan nas súas casas, de maneira voluntaria.

Esquecínme contarvos que a semana pasada o profe Xoán  convidounos a fondue de chocolate, sí, sí cómo o oídes!! Qué non me creedes pois mirade:



BOA PONTE A TODOS/AS!  ATA O LUNS!


domingo, 7 de octubre de 2012

IMOS SOBRE RODAS en OUTONO

IMOS SOBRE RODAS

Pois sí é certo! segundo a profe Sandra isto "marcha sobre rodas", portámonos ben, facemos as tarefas, cumprimos as normas da clase, temos boa actitude, observamos e pensamos coa cabeciña e ante todo somos moito máis autónomos....  así pois... IMOS SOBRE RODAS literalmente!! como ben sabedes pedín a semana pasada as matrículas dos coches das familias, e vos preguntaredes Para qué? pois ben... a resposta é sinxela: Os nenos/as da etapa de infantil, descobren que na súa contorna hai números, letras, símbolos... e moitas veces pasan desapercibidos para eles, se os adultos non lles facemos fincapé neles.
Os números teñen unha utilidade, funcionalidade e aplicación na vida cotiá .
Para darlle significatividade aos mesmos, comecei coas matrículas dos coches dos papás, así comezan a darlle significado aos números, as letras e os simbolos é dicir, ensinarlles a OBSERVAR, INTERPRETAR e DESCODIFICAR dende unha perspectiva lúdica e amena.
Esta actividade comezouna a mestra Maite, e convidounos a facela, e nós non o dúbidamos, Quentamos motoresArrincamos! e Collimos pista! Queredes velo? pois poñede os cinturóns, isto comeza!
 

No RECANTO DOS BÚHOS estamos facendo tarefas relacionadas coas matrículas, os números, as formas xeométricas, letras, identificar logotipos-marcas...

E como xa sabedes todos o OUTONO xa chegou! xa comezamos a facer tarefas relacionadas con esta estación do ano. Dende o meu punto de vista é unha das estacións máis enriquecedora para traballar cos nenos/as, dada a multitude de posibilidades que ten. Xa sabedes que poden traer folliñas ao cole, e calqueira elemento relacionado co Outono: follas, mazorcas de millo, ourizos, castañas, froitos... todo serve para observar e falar. Esta semana fixemos xa moitas cousas... pero amosaremolas noutro momento!
Convidovos a que paseedes con eles polos diferentes espacios naturais do Burgo e arredores, e unha actividade sinxela e moi saudable, así observarán os cambios nas árbores e na paisaxe, e eles mesmos poderán recoller cousiñas do chan e traelas á clase. Boa semana a todos/as!