domingo, 28 de octubre de 2012

Aproximase o SAMAÍN


A semana foi intensa: Luis Seoane fixo a súa presenza na aula! seguimos a investigar sobre o Outono e as súas características e elementos, tamén aprendimos unha morea de cousas sobre as pegas (urracas) e as anduriñas (golondrinas), seguimos coas vogais u e i e o repasao dos números 1,2,3 e o trazo do 4 ... ainda que o qué máis nos anda a chamar a atención e que se aproxima o SAMAIN e o MAGOSTO,  recordade que  a próxima semana será moi curtiña e imos celebrar ambas festas! Estos son os 2 vídeos que nos gusta moito ver estos días. Non dan medo!! son moi divertidos.




ADIVIÑA ADIVIÑANZA!!! PARA QUE SERÁ ESTA CASTAÑA XIGANTE? 
A vindeira semana o descubriredes...




Pintámola entre todos e viñeron algúns compañerios de 4A a axudarnos.


sara
 
 
Sara contounos moitas cousiñas interesantes sobre ela e a súa familia! estaba moi nerviosa... tiña o traballiño moi ben preparado e incluso explicounos moitos máis datos dos que alí aparecían escritos. Parabéns pola actividade! Encántounos ó fixo moi ben. 


O Mércores 31 celebraremos no cole a tradicional festa de SAMAÍN (Halloween), recordade que poden vir disfrazados ese día ( dráculas, vampiros, pantasmas,cabazas...) é voluntario! ainda así, lembrade a comodidade do neno/a para ir ao baño e poñerlle o nome aos complementos do disfraz. Non teremos clases o 1 e mailo 2 Novembro, reanudaráse a rutina escolar o luns 5.

1 comentario:

  1. Pero qué castaña máis grande pintáchedes !!!
    Querédela comer ??? je je je...
    Ao mellor recibides a visita dos pequen@s nos próximos días...sómosche moi curiosos...e unha castaña así de grande merece a pena vela en persoa !!!

    bicos.

    Bibi.

    ResponderEliminar