martes, 27 de noviembre de 2018

EXPERIENCIAS NA AULA

ABRE OS OLLOS!
Temos moreas de experiencias de aula que amosar!

 Elaboramos entre todos/as una macedonia de Outono, feita con iogur natural e froitos secos e carnosos de tempada. Observamos, manipulamos, observamos as súas características externas e internas... e despois degustámola.

 
Despois escribimos os ingredientes que empregamos.

Alicia e Andrea compartiron na asamblea da mañá a súa experiencia na feira do mel de Narón, e trouxeron información.
Alicia participou nun obradoiro de elaboración de queixo, despois intentou explicar  a todos/as como o fixo.

 Facemos Pizzas!
Pero... de mentira! ja, ja... 
Empregando material de refugallo coma uns sinxelos pratos de cartón.
Sabedes quen comía pizza?
Pronto o descubriredes.



Noel, veu cos seus pais Nico e Gelis a presentarnos á súa mascota. Unha tartaruga moi simpática e falounos dos seus hábitos.

 Observamos un auténtico nido de vespa velutina, e despois abrímolo pola metade para ver o seu interior.




Gracias aos microscopios do laboratorio aportados pola profesora de ciencias María Varela, tivemos a oportunidade de observar abellas, vespas velutinas e o interior das frores.


 Noutra ocasión Noel, trouxo unha pranta de flor de algodón
Aproveitamos para ver un vídeo sobre a recolección do algodón, cómo se manipula e posteriores usos.
 Pola outra banda, Álex o pai de Laura agasallou á clase, varios panais de cera, para que puidesemos elaborar unhas velas.
E Julia, aportou o pabilo (mecha).

ANIVERSARIOS DE NOVEMBRO

Os homenaxeados do mes de Novembro foron Marcos e Izam Blanco
A  semana  pasada compartimos a merenda con eles e as súas familias. Acompañaronnos Raquel, Fran país de Marcos e Tere a madriña de Izam.








PARABÉNS!


martes, 20 de noviembre de 2018

20 DE NOVEMBRO


Hoxe celebramos  O DÍA DOS DEREITOS DO NENO/A. 
As 3 aulas de Infantil, elaboramos entre todos/as un mural no corredor.
Traballamos: Todos os nenos e nenas temos dereito a ter un nome.







Tamén visionamos este vídeo que servíu de eixo motivador na asamblea da mañá.
Algúns decían que "tiñan dereito a recoller os xoguetes", "dereito a axudar na casa".... Líabanse nos conceptos pero no fondo entendían que dereitos e normas ían un pouco da man… ja ja
 

jueves, 15 de noviembre de 2018

PROXECTO DE APICULTURA




Estou ben segura que moitos /as de tódos/as vós estábades a esperar con ganas esta entrada no blogue de aula.
Son moitas as experiencis e as aprendizaxes realizadas entorno ao mel, as abellas e a vida nunha colmea.

Os materiais aportados polas familias serviron de fío conductor ao longo da secuencia didáctica que se está desenvolvendo neste 1º trimestre.  
Queredes ver todo o que fomos recibindo e realizando?
Ante todo decirvos:
MOITAS GRAZAS FAMILIAS DE 5 ANOS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!


Agora poñedevos cómodos e desfrutade dos matariais, obxectos, maquetas, experiencias, tarefas, murais .... etc

Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Click to play this Smilebox slideshow


martes, 13 de noviembre de 2018

MAGOSTO 2018



"Castañas, noces e viño, fan as delicias do San Martiño"

"Polo San Martiño vai ver o teu soutiño"

"Castañas no Nadal saben ben e pártense mal"

 Aquí estamos cos compañeiros/as de Freixeiro, que compartiron con nós a xornada festiva.  

Estivemos no pavillón de Primaria organizados en pequenos grupos, comimos as castañas asadas e un vasiño de leite, tal e cómo se pode observar nas seguintes fotos:



Todos estivemos ataviados cos tetrabriks e as coroas