martes, 27 de noviembre de 2018

EXPERIENCIAS NA AULA

ABRE OS OLLOS!
Temos moreas de experiencias de aula que amosar!

 Elaboramos entre todos/as una macedonia de Outono, feita con iogur natural e froitos secos e carnosos de tempada. Observamos, manipulamos, observamos as súas características externas e internas... e despois degustámola.

 
Despois escribimos os ingredientes que empregamos.

Alicia e Andrea compartiron na asamblea da mañá a súa experiencia na feira do mel de Narón, e trouxeron información.
Alicia participou nun obradoiro de elaboración de queixo, despois intentou explicar  a todos/as como o fixo.

 Facemos Pizzas!
Pero... de mentira! ja, ja... 
Empregando material de refugallo coma uns sinxelos pratos de cartón.
Sabedes quen comía pizza?
Pronto o descubriredes.



Noel, veu cos seus pais Nico e Gelis a presentarnos á súa mascota. Unha tartaruga moi simpática e falounos dos seus hábitos.

 Observamos un auténtico nido de vespa velutina, e despois abrímolo pola metade para ver o seu interior.




Gracias aos microscopios do laboratorio aportados pola profesora de ciencias María Varela, tivemos a oportunidade de observar abellas, vespas velutinas e o interior das frores.


 Noutra ocasión Noel, trouxo unha pranta de flor de algodón
Aproveitamos para ver un vídeo sobre a recolección do algodón, cómo se manipula e posteriores usos.
 Pola outra banda, Álex o pai de Laura agasallou á clase, varios panais de cera, para que puidesemos elaborar unhas velas.
E Julia, aportou o pabilo (mecha).

3 comentarios: