domingo, 28 de octubre de 2018

Teatro

 MOSTRA DE TEATRO INFANTIL: A GALIÑA AZUL
PROMOVIDA POLO CONCELLO DE NARÓN
 O pasado mércores, acudimos á mostra de teatro infantil, no Auditorio Municipal.
Desfrutamos moito coa representación de monicreques levado a cabo pola agrupación artística Tanxarina.



SAMAIN 2018


  O mércores celebramos o Samaín no cole. 
Non olvides vir ataviado co teu terrorífico disfrace.
  O corredor de infantil xa está engalanado coas CATRINAS elaboradas polas familias do Feal.
Parabéns a todos/as, son  tremendamente arrepiantes!
Ata pronto!

lunes, 22 de octubre de 2018

APICULTURA NA ESCOLA

Apicultura na aula de 5 anos

Este curso, estamos a aprender moreas de cousas acerca das abellas.
A apicultura é un tema extenso e apaixoante e cheo de curiosidades.
Ao longo destas semanas as familias do Feal, trouxeron moreas de cousiñas que nos están permitindo aprender e descubrir cousas acerca da vida das abellas, o mel, as colemeas, funcións do apicultor...
Polo de pronto, no seguinte vídeo convertímonos durante uns segundos en auténticos APICULTORES, gracias a Fran o pai de Marcos que nos deixou na aula a protección que emprega o apicultor para acceder as colmeas co fin de sustraer o mel ou observar o estado dos panais.

Create your own slideshow - Powered by Smilebox

                          Click to play this Smilebox slideshow
Elaboramos entre todos/as un mural moi chuli, que recrea unha colmea natural e o seu apicultor traballando.

AUTÉNTICA EXPERIENCIA DUN APICULTOR
Fai unhas cantas semanas, tivemos unha visita moi especial...   Fran o pai de Marcos é  apicultor.


Raquel e Fran acompañados de Marcos, explicaronnos a todos moitas cousas acerca das abellas, falamos da indumentaria do apicultor, medidas de seguridade para que non piquen, observamos un panal con mel, prendemos o afumador, observamos nun vídeo como elboran o mel na casa e o envasan…. e sobre todo aprendimos moitas curiosidades:
Sabedes canto pode vivir unha raíña?
Cántos tipos de abellas viven nunha colmea?
Todos teñen aguillón?
Cales son as súas funcións dentro?
Sabedes que as abellas teñen unha pista de aterraxe para acceder á colmea?
….. E MÁIS COUSAS...

PREMEDE NO VÍDEO
para observar con máis detalle a experiencia de aula.

                 Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Pronto teremos outra experiencia semellante a ésta, estamos ansionsos e preparados para facer preguntas e resolver dúbidas.
Na seguinte entrada do blogue, aproveitaremos para amosar todas as cousiñas que aportachedes ao RECANTO DAS ABELLAS

Visitas de animais

De ben é sabido, que a case tódolos rapaces de infantil os animais encántalles.
Amosan interese polo seu aspecto físico, características, habilidades, costumes, hábitats, alimentación...
Este curso, algún nenos/as trouxeron animaliños para observar na aula.
Noel trouxo unha MANTIS RELIXIOSA e Laura un OURIZO.

Aproveitamos para falar da Mantis relixiosa: onde vive, alimentación... e principalmetne como se camufla e mimetiza coa contorna , ao igual que outras especies que descubrimos nos seguintes vídeos: 



Noel contounos que o aotopou preto da casa da súa avóa, dando un paseo. 
Ao finalizar a clase, soltámola preto dà ventá da aula.


Pola outra banda Laura, trouxo a "Pinchis". 
Un pequeno ourizo, que o venres causou unha enorme expectación nas 3 aulas de infantil.





Aquí deixovos un vídeo, que lles encantou!

Lembrade compartir as entradas do Blogue cos vosos/as fillos/as para que vos conten cousas acerca da xornada escolar e favorecer deste xeito lazos afectivos entre escola-casa e viceversa.


lunes, 15 de octubre de 2018

Despedida Rosa

ROSA  SOUTO

O mércores pasado, a mestra de apoio Rosa xubilouse, despois de tantos anos adicados á docencia, principalmente na súa querida e amada escola de Freixeiro.
Os últimos anos estivo dando apoio nas  aulas de infantil no Feal.
Gracias Rosa pola túa axuda e adicación profesional. 
Espero e desexo que desfrutes moito desta nova etapa.
Con cariño,

Sandra Míguez  
e todos os teus alumnos  e alumnas de infantil


Sei que a Rosa non lle vai gustar nadiña que poña fotos dela, pero... queremos lembrala sempre así, con nós, dentro da aula.





MOCHILA VIAXEIRA 2018


As mochilas viaxeiras da aula de 5 anos, xa están en funcionamento:
  • Mochila viaxeira da Biblioteca.
  • Mochila viaxeira da Mona Lisa de Leonardo Da Vinci.
  • Mochila dos Libros de aula.
Espero que os rapaces desfruten moito dos materiais, e gradualmente vaian adquirindo bós hábitos hacia o gusto pola lectura e os libros.

domingo, 7 de octubre de 2018

XA ESTAMOS DE VOLTA!

Xa estamos de volta!
Temos moreas de cousas que contar... pero comezaremos pouco a pouco.

Imos comezar polos cumpleanos dos meses de Setembro e Outubro.
Lucía, Candela, Iker Sanjurjo e Juan Carlos foron os homenaxeados.
 Lucía cumpliu en Setembro e estivo acompañada da súa nai Elena, a súa madriña Cruz e o seu irmán Álex. 
A súa madriña, que é unha artísta elaborou unhas caixiñas moi xeitosiñas para tódolos rapaces e no seu interior había chuches. 

Pola outra banda, aquí temos o primeiro cumpleanos grupal, dos nosos compañeiros.


Aquí están Abel, Cristina, Eva e Juan Carlos que compartiron a xornada cos rapaces e fixeron que a festa de cumpleanos fora moi agradable .
……………………………….
……………..
Outras experiencias interesantes
MARTINA trouxo unha MATRIOSKA
Queredes saber de qué trata a historia da Matrioska? 
Premede no seguinte vídeo.
…………………………………………………
……………………………..

BRUNO, trouxo postais da súa viaxe. E foi en avión!
Ademáis contounos moitas cousas. Estaba ansioso por explicar cousas acerca dos volcáns, pero teremos que esperar a investigar no 2º trimestre. 
……………………………………
……………………….
TRABALLAMOS NA PIZARRA DIXITAL
 Tódalas semanas facemos xogos de matemáticas na pizarra dixital. Participamos e colaboramos entre todos/as nas tarefas.

 A profe enfadouse o outro día, por que algúns non saben coidar os materiais e romperon os plastidecor simplemente por diversión.
……………………………………………

Ata a próxima entrada amigos!
Ainda queda por contar moitas máis cousas e experiencias.

 Parabéns polas aportacións ao proxecto de Apicultura!