lunes, 22 de octubre de 2018

Visitas de animais

De ben é sabido, que a case tódolos rapaces de infantil os animais encántalles.
Amosan interese polo seu aspecto físico, características, habilidades, costumes, hábitats, alimentación...
Este curso, algún nenos/as trouxeron animaliños para observar na aula.
Noel trouxo unha MANTIS RELIXIOSA e Laura un OURIZO.

Aproveitamos para falar da Mantis relixiosa: onde vive, alimentación... e principalmetne como se camufla e mimetiza coa contorna , ao igual que outras especies que descubrimos nos seguintes vídeos: 



Noel contounos que o aotopou preto da casa da súa avóa, dando un paseo. 
Ao finalizar a clase, soltámola preto dà ventá da aula.


Pola outra banda Laura, trouxo a "Pinchis". 
Un pequeno ourizo, que o venres causou unha enorme expectación nas 3 aulas de infantil.





Aquí deixovos un vídeo, que lles encantou!

Lembrade compartir as entradas do Blogue cos vosos/as fillos/as para que vos conten cousas acerca da xornada escolar e favorecer deste xeito lazos afectivos entre escola-casa e viceversa.


2 comentarios: