domingo, 7 de octubre de 2018

XA ESTAMOS DE VOLTA!

Xa estamos de volta!
Temos moreas de cousas que contar... pero comezaremos pouco a pouco.

Imos comezar polos cumpleanos dos meses de Setembro e Outubro.
Lucía, Candela, Iker Sanjurjo e Juan Carlos foron os homenaxeados.
 Lucía cumpliu en Setembro e estivo acompañada da súa nai Elena, a súa madriña Cruz e o seu irmán Álex. 
A súa madriña, que é unha artísta elaborou unhas caixiñas moi xeitosiñas para tódolos rapaces e no seu interior había chuches. 

Pola outra banda, aquí temos o primeiro cumpleanos grupal, dos nosos compañeiros.


Aquí están Abel, Cristina, Eva e Juan Carlos que compartiron a xornada cos rapaces e fixeron que a festa de cumpleanos fora moi agradable .
……………………………….
……………..
Outras experiencias interesantes
MARTINA trouxo unha MATRIOSKA
Queredes saber de qué trata a historia da Matrioska? 
Premede no seguinte vídeo.
…………………………………………………
……………………………..

BRUNO, trouxo postais da súa viaxe. E foi en avión!
Ademáis contounos moitas cousas. Estaba ansioso por explicar cousas acerca dos volcáns, pero teremos que esperar a investigar no 2º trimestre. 
……………………………………
……………………….
TRABALLAMOS NA PIZARRA DIXITAL
 Tódalas semanas facemos xogos de matemáticas na pizarra dixital. Participamos e colaboramos entre todos/as nas tarefas.

 A profe enfadouse o outro día, por que algúns non saben coidar os materiais e romperon os plastidecor simplemente por diversión.
……………………………………………

Ata a próxima entrada amigos!
Ainda queda por contar moitas máis cousas e experiencias.

 Parabéns polas aportacións ao proxecto de Apicultura!

2 comentarios: