lunes, 24 de junio de 2019

GRADUACIÓN DE 5 ANOS


PASAMOS A 1º!
BO VIAXE MEUS RAPACIÑOS!
SEGUIDE APRENDENO E DESFRUTANDO!
ATA SEMPRE!
CON MOITO CARIÑO
A VOSA PROFE SANDRA

Click to play this Smilebox slideshow

Create your own slideshow - Powered by Smilebox

III CARREIRA POPULAR


CPI O FEAL

 PREPARADOS LISTOS XAAAA!!!!!
CANTO CORRIMOS!
O IMPORTANTE ERA PASALO BEN E DESFRUTAR COS AMIGOS/AS!


……………………………….
……….
LIBROS 2019-2020


lunes, 17 de junio de 2019

SAIDA AO MUÍÑO DE PEDROSO

MUÍÑO DE PEDROSO 2019

AQUÍ TEDES ALGÚNS MOMENTOS GRÁFICOS DA XORNADA EN PEDROSO: COMENDO, NA HORTA, XOGANDO, ELABORACIÓN DE QUEIXO E MARMELADA.

TEMPO DE DESCANSO COMENDO COS COMPAÑEIROS/AS 

 CANDELA INSISTIU MOITO EN POÑERSE CREMA SOLAR! JA, JA, JA... MULLERIÑA PRECAVIDA!









PASÁMOLO XENIAL!
GRACIÑAS AOS MONITORES POLO SEU BO FACER.
…………………………………..
………………………..
 

GRACIAS A TÓDALAS FAMILIAS POLO CARIÑO AMOSADO AO FINAL XORNADA.


domingo, 16 de junio de 2019

CUMPLEANOS

XULLO E AGOSTO
ANIVERSARIOS

Jimena, Antonio, Aroa e Bruno son os nosos/as amiguiños/as que cumplen nos meses de verán.
O venres, tiveron a oportunidade de celebrar de maneira anticipada os seus cumples.
Sei de antemán que  facíalles moita ilusión celebralo na clase, dado que eles nunca podían. 

A xornada transcorreu coma sempre (tomaranse o seu debido tempo) en merendar as cousiñas que as familias trouxeron.
Verónica, Jenifer, Montse e Ana axudaron e organizaron a festiña para os nenos/as.

Erik o irmanciño de Aroa tamén participou ao seu xeito, ja...  ja... Dentro duns aniños estará correteando polas aulas de infantil do Feal, como o fixo a súa irmá Aroa.



 Parabéns soletes, por anticipado!

--------------------------------------
-----------------
-----

MAÑÁN LUNS 17 DE XUÑO SAÍDA AO MUÍÑO DE PEDROSO
Hai uns Obradoiros moi chulos organizados, que esperamos que os nenos/as desfruten  e aprendan.
O tempo acompañará á xornada de lecer, lembrade que a hora de regreso está programada para as 17:15 aproximadamente.
Un saúdo, 
A profe Sandra
………………………………………………………
…………………………….
……….
Aquí temos a foto de fin de curso que fixo o profe Ángel, 
o día da xornada de convivencia.







domingo, 9 de junio de 2019

ANIVERSARIOS E XORNADAS DE CONVIVENCIA

 ANIVERSARIOS DE AULA
AINHOA - MARTINA - NOEL - ANDREA
 O venres celebramos os cumples dos nosos compañeiros, tomamos froita, snacks e tarta.
Gracias ás familias pola súa participación e compartir a xornada.





PARABÉNS PEQUERRECHOS!
QUÉ MAIORES!
……………………………………………..
……………………….

XORNADAS DE CONVIVENCIA

O pasado martes celebramos as xornadas de convivencia cos nosos/as futuros/as compañeiros/as de Domirón e a Escola de Freixeiro.
Fixemos agasallos para todos/as eles/elas e debuxiños.
Amosamoslles as instalacións do Feal e puidemos desfrutar dunha súdable merenda organizada polo Departamento de Orientación.
Froita, bocadillos e bizcoitos foron as viandas coas que a orientadora Clara sorprendeu aos rapaces.

Desfrutamos no parque todos/as xuntos/as!
Pronto iniciaremos novas amizades, cando vaiamos ao curso de 1º.

lunes, 3 de junio de 2019

UN PITIÑO NA AULA

UN POLIÑO NA AULA DE 5 ANOS

A outra semana naceunos un pitiño.
De tódolos óvos, tan só naceu un!





Gracias  Laura e Álex  pola túa colaboración nesta experiencia!

…………………………………………
…………………
……

Seguimos con experiencias chulis!
Xa sabemos que se temos una emerxencia hai que chamar ao 112.
Pero hoxe tivemos a oportunidade de aprender un pouco más e falar das diferentes feridas que se poden producir na vida cotiá e cómo poder actuar acorde á nosa idade.
O primeiro sempre é chamar e/ou avisar a un adulto, despois observar se é grave ou leve. No caso de que sexa leve, temos que lavar a ferida con auga e xabrón e despois empregar un botiquín e aplicar os primeros auxilios.

QUÉ PODEMOS ATOPAR NUN BOTIQUÍN?
Éstos son algún dos elementos que estivemos hoxe falando na asamblea: tiritas, gasas, depresores, algodón, luvas, mascarillas, alcohol, betadine, dalsy, xiringas, fonendoscopio, tensiómetro, cremas para quemaduras e/ou golpes.... da man de Paula a nai de Julia falamos de todos estes obxectos e os seus usos e así como das medidas de prevención que temos que adoptar ante determinadas
situacións.

 
 Paula a nai de Julia trouxo o seu propio botiquín e explicounos de maneira amena e divertida para que servía cada elemento.

 A profe tomou a tensión! Saíulle perfecta ja ja ja! Tamén escoitamos os latidos do corazón co fonendoscopio.  


Graciñas por ésta experiencia Paula!
E por tódolos materiais para os rapaces!
…………………………………
………..

MÉRCORES 5 DE XUÑO
SAÍDA AO MUÍÑO DE PEDROSO
REGRESAREMOS ÁS 5:15

Información urxente!
A saída ao Muíño de Pedroso, queda posposta para o luns 17 de Xuño. 
O motivo deste cambio debese ás condicións meteorolóxicas previstas para a xornada de mañá.