viernes, 24 de marzo de 2017

Primavera 2017

PRIMAVERA
A Primavera xa chegou! E os cambios na nosa contorna natural son moi evidentes. Ás árbores comezan a dar os seus brotes, está todo máis verde, nacen as frores, prantamos nas hortas, sementamos...
Os máis pequenos do Feal comezamos a ser máis conscientes de todos estes cambios que acontecen ao noso arredor... Ainda que as condicións climatolóxicas desta semana, desconcertaronnos un pouco, dado que ate granizou e tronou.
Ainda así, puxémonos mans á obra! 
Decidimos cambia-la decoración da porta.
Tan só precisamos as nosas pequenas mans.
 

 
ESTADES CONVIDADOS/AS A VER A NOSA PORTA CANDO QUEIRADES

lunes, 20 de marzo de 2017

PROYECTO JOAN MIRÓ

JOAN MIRÓ

Ao longo deste 2º trimestre estivemos a traballar e descubrir o mundo de Joan Miró.
As súas numerosas e coloridas obras plásticas, permitironnos identificar formas e cores, ademáis de descubrir e interpretar moreas de imaxes abstractas pertencetns a este afamado pintor catalán.
A súa cromática reiterativa, baseada en 5 cores básicos: azul, vermello, amarelo, negro e branco dan renda solta a un mundo cheo de fantasía, imaxinación,creatividade... moi axeitado para esta s primeiras idades da etapa de infantil.
 A continuación amosamos algún vídeos que visionamos na aula ao longo deste tempo e as obras plásticas que fomos elaborando.
 Esperamos que vos gusten e desfrutedes.

vìdeos



Obras plásticas


INTERPRETACIÓN DA OBRA: LÍBELULA ANTE EL EL SOL.


 
INTERPRETACIÓN DA ESCULTURA: MUJER Y PÁJARO.

ÉSTA É A NOSA MANUALIDADE:



 INTERPRETACIÓN DA OBRA: ORO DEL AZUR



 INTERPRETACIÓN DA OBRA: MÁSCARA
PARA  O  ENTROIDO


VÍDEO FACENDO ESTAS TAREFAS

Outras Obras que tamén traballamos son:



FIN
ATA A PRÓXIMA FAMILIAS!




jueves, 2 de marzo de 2017

Entroido 2017- Aula de 3 anos

ENTROIDO 2017
Concurso de máscaras no cole.
Gracias pola vosa participación!







Nós tamén  fixemos carautas na aula, relacionadas coa obra plástica do PINTOR JOAN MIRÓ.
Fixemos unha versión a partires dun cadro.
Aquí están Bruno e Manu, deixando xeitosiñas as súas carautas.



 O venres tivemos troula, merenda, baile, e queimamo-lo Meco. Viñemos ataviados con desfraces moi divertidos e pasámolo xenial, no noso primeiro entroido no cole do Feal.


 Aquí están as fotiñas prometidas!


Tivemos fermosas princesas cos seus magníficos poderes.
Ainhoa, Jimena e Alicia.

Carapuchiñas entrañables, co seu lobo feroz e o seu cestiño con viandas.
Laura e Tania.

 Payasetes, que animaban a festa co seu sorriso.
Izan de la Viña e Andrea.
 Cociñeiros dispostos a elaborar deliciosos menús.
Chef Izam e Chef Leo.

Pirata e bucaneiro, preparados para facer unha abordaxe.
Marcos e Manu.


Uns cantos animaliños.
Iker Sanjurjo, Noel e Ángel.

 O grupo da xustiza.
Bruno, Martina e Iker Calvo
  Unha noiva co seu príncipe azul
Aroa e Erik
 Lucía decantouse por unhas sevillanas.
Julia, foi Willma dos Picapedra.

 Candela de ratonciña Miky Mouse, pero tivo algún problema por que por alí había unha profe de gata con fame de comer ratonciños.

                                     Miau!

E a nosa fotiño de grupo

Foi una mágoa que Antonio e Kiara, non puidesen asistir este día!

A continuación, pódedes ver o seguinte vídeo con algunas das fotiños anteriores, e outros momentos da festa e queima do Meco.
Ata a próxima. Espero que vos guste!