martes, 30 de abril de 2019

CUMPLEANOS MES DE ABRIL

ANIVERSARIOS DA AULA DE 5 ANOS
MES DE ABRIL
 O luns 29 de Abril, tivemos os cumples dos nosos/as compañeiros/as: Laura, Ángel e Kiara, que acompañados/as das súas familias convidaron a todos/as a tarta de chocolate e snacks variados.
Parabéns rapaces!
Xa tedes 6 anos!
Qué maiores!






viernes, 26 de abril de 2019

MANUALIDADES DOS OVOS E INTERCENTROS

Case estivemos a piques de facer unha tortilla! ja ja ja...
Actividade plástica con cáscaras de ovos, rolos de papel, terra e lentellas.

Así o fixemos:

 O resultado final, xa o vichedes o Señor e Señora Ovo, foron aos nosos fogares, estou segurísima que algún e alguna tivo algún accidente no camiño!
Pero... hai que aprender a ter responsabilidades e coidar das nosas cousiñas, ainda que sexan moi moi fraxiles.


 …………………………………………………………………………………………………………..
CERTAME INTERCENTROS 
ACTIVIDADE PROMOVIDA 
POLO CONCELLO DE NARÓN
 PARA TÓDOLOS CENTROS DA COMARCA NO PAZO DA CULTURA 
 Aquí podedes ver o Panel elaborado pala aula de 5 anos, para a exposición do Certame de Intercentros, dita exposición estará ubicada no Pazo da Cultura.
O martes 30 iremos actuar no Pazo toda a Etapa de Infantil, cun poema titulado: 
Ring, ring! Quen rima con...
Aisss! Cantos nervios!

Preparados, listos, xa!
Saiunos xenial!


23 de Abril- DIA DO LIBRO

23 DE ABRIL
DÍA DO LIBRO
SEMANA DO LIBRO NA AULA DE 5 ANOS

Ao longo desta semana as familias da nosa aula, tiveron a oportunidade de participar leendo uns contiños aos rapaces.
Bea, Vanesa, Yolanda e Montse leeron contos nas diferentes xornadas.

Éstos son algúns dos títulos dos contos que puidemos desfrutar: PinochoEste ser Orq (o neno cavernícola), Carapuchiña vermella, Os tres porquiños, Orellas de bolboreta, Soldadiño de chumbo, Ernesto un león famento… e outros máis.





Graciñas, esperamos que desfrutasedes da experiencia!
Aldair convenceu á súa nai para ler un conto, que nos encantou a todos/as!




lunes, 22 de abril de 2019

22 de abril

PREMEDE NESTE VÍDEO
Intentemos entre todos/as tomar conciencia dende idades temperás.


APRENDAMOS A RECICLAR



sábado, 13 de abril de 2019

VACACIÓNS DE PASCUA












O próximo martes 23 celebramos o Día do Libro, tódalas familias que desexen vir a leer un conto á aula están convidadas, para celebrar a Semana do Libro ( 23 ate o 26 de Abril)

…………………………………………………………………………
…………………………………..


As vacacións do período de Semana Santa abranguen dende o día 15 ate o  luns 22 de Abril inclusive, o martes 23 vémonos no cole.

martes, 2 de abril de 2019