miércoles, 23 de noviembre de 2016

20 de Novembro día dos dereitos do neno e da nena

CONMEMORACIÓNS


Dende que o 20 de Novembro de 1959, a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobara a Convención sobre os Dereitos dos Nenos, institucionalizouse ese día como o Día Internacional dos Dereitos do Neno, a cal reflíctese dentro da nosa Orde de Calendario escolar do 7 de xuño de 2016 pola que se aproba o calendario para o curso 2016/17 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.









Vídeo elaborado polo -CEE Terra de Ferrol-



Se queres saber máis acerca dos dereitos do teu fillo/a, podes premer no seguinte vídeo e descubrir cales son os DEREITOS DO NENO/A máis polo miúdo.
Vídeo elaborado por guiainfantil.com

viernes, 18 de noviembre de 2016


Castañas asadas, leite e xogos populares fixeron as delicias de tódolos nenos e nenas de Infantil e Primaria do Feal.
Os máis pequenos do Feal íamos ataviados cunhas coroas que conmemoraban o 11 de novembro.


As familias colaboraron na elaboración duns tetrabriks, moi chulis.
Premede no vídeo para velos.
Parabéns pola colaboración! e polo esforzó realizado.



fd
E aquí podedes vernos comendo as castañas no patio e xogando aos xogos populares co resto do centro.




Os nosos orixinais cogumelos foron para casa.
  E o padriño de Iker Sanjurjo, fíxolle esta boneca feita a partires de follas da mazaroca do millo.
E Iker amosouna moi orgulloso a tódolos seus compis.

 FIN
DA NOSA ENTRADA NO BLOGUE
ATA A PRÓXIMA AMIGUIÑOS!



SAMAÍN 2016

Os nenos e nenas de infantil viñeron ataviados con terroríficos desfraces.
Queredes vernos?
Pasámolo de medoooo!!!


Aquí podedes ver un vídeo terrorífico cheo de monstruos, bruxas, vampiros, cabazas, demos... Estáde atentos a ver se recoñecedes a algún.




CABAZAS

Baleiramos a cabaza de Iker, e encendimos unha candea, despois puxémolas no corredor para que todos os nenos/as puidesen velas, tamén adornámola porta.

lunes, 7 de noviembre de 2016

Semana da Ciencia

SEMANA DA CIENCIA

 Esta semana os tres museos científicos da Coruña: Casa das Ciencias, Acuarium Finisterrae e Domus terán a súa entrada gratuíta dende o luns 7 ata o domingo 13.
Máis información nas súas páxinas webs.