martes, 20 de febrero de 2018

Actividade

Estimadas familias de infantil, chegoume ésta información acerca deste acto infantil.
Espero que sexa do vóso interese.



viernes, 16 de febrero de 2018

Cumpleanos de Julia e Leo e outras actividades

 CUMPLES DE JULIA E LEO

Coa chegada do inverno, son moitos os compañeiros que celebran o seu cumple na clase.
Éstas son as fotiños de ambas celebracións.
A familia de Julia tivo unha idea xenial e elaborou unhas galletas medievais: damas, cabaleiros, dragóns... e ata un Castelo no mesmo bizcoito.









Leo non puido desfrutar este ano do Entroido por que estivo enfermo toda a semana, o venres celebrou o seu cumple e disfrazouse ese día, Apetecíalle moito!
Pasámolo moi ben!





--------------------------------------------------------------------------
MANUALIDADES DE INVERNO

 DECORAMOS A PORTA DE CLASE
 ENGALANAMOS O CORREDOR CON PRATOS

 POSTAIS e OSOS POLARES
 
LECTURA DO CONTO A MELLOR SOPA DO MUNDO
E ELABORAMOS UNHA TACIÑA CON SOPA





CELEBRACIÓN DÍA DA PAZ 2018
Entre todos elaboramos un muro con caixas de refugallo, as decoramos de maneira libre e escribimos 2 palabras unha fea e outra bonita. En diferentes quendas e por cursos os rapaces ían formando o número e retirando posteriormente as palabras que tiñan connotacións negativas e non favorecían a paz a amizade e a solidariedade.
Aquí tedes un vídeo da actividade do 30 de Xaneiro.

Create your own slideshow - Powered by SmileboxClick to play this Smilebox slideshow

PROXECTO DOS NÚMEROS

A semana pasada tocounos traballar coas moedas.
As manipulamos, observamos, identificamos os seus números e a súa función na vida cotiá (principalmente  serven para mercar cousas) tamén vimos billetes e empregamos publicidade para velos precios e poder "pagar e mercar". Exemplo dunha das actividades proposta para a xornada:


Pintamos con cánicas e puxémonos os pelos de punta. Mírade!

 






viernes, 9 de febrero de 2018

VENRES 9 DE FEBREIRO

FOTOS DO ENTROIDO 2018

Hoxe na clase faltan algúns amiguiños: Leo, Aroa, Laura e Candela, esperamos que poidan ver as fotos e compartilo con eles. Mellorade compañeiros/as!

 Rapunzel, Ana de Frozen e princesa.

 Piratas

 Animadoras

  Equipo da xustiza con super poderes: batman, lady girl, ninja, superhéroe e lady bug.


 Indios

 Un  Drácula arrepiante

 A salvo coa policía e os bombeiros

Época Medieval: cabalo e cabaleiro, Robin Hood e campesiña do feudo. 
...........................................................
..........................

Pola outra banda... as profes do Feal fixeron homenaxe a éstas mulleres galegas. Aquí amosamos só as profes de infantil. Pero hai moitas máis homenaxes polo Centro.
 A mestra Vanesa, homenaxeou a Emilia Pardo  Bazán


 Estatua na Alameda de Santiago de Compostela
 As dúas Marías 
As dúas en punto

Coralia e Maruxa Fandiño
Representadas con moito cariño polas mestras Paula e Sandra