lunes, 29 de enero de 2018

PROXECTO DE ARTE: JACKSON POLLOCK

JACSON POLLOCK


Ao longo deste 2º trimestre, as tarefas plásticas están xirando entorno ao pintor américano Jackson Pollock. A súa técnica principal era o action painting consistía en verter e salpicar pintura de maneira aleatoria, libre e fluída con fortes e constantes movementos.
Aquí podedes ver unha curta, homenaxeando a este pintor.


OUTRO VÍDEO AMOSANDO A SÚA TÉCNICA DRIPPING
ACTION PAINTING


A súa técnica é moi atractiva para os rapaces de infantil, dado que  aportalles liberdade de movementos,  elección de utensilios e favorece a creatividade e a imaxinación.
A actividade plástica flúe nas súas mans, sen ter ideas preconcebidas da tarefa antes de iniciala. Cada neno/a exprésase e explora coas pinturas e as cores no espazo asignado.

QUEREDES VERNOS EN PLENA ACTION PAINTING?





Soplado con palliñas

Agora entenderedes moito mellor por que últimametne levamos pintura ata nas orellas ja ja ja!!!

PREMEDE NO VÍDEO PARA VER MÁIS FOTIÑOS E ACTIVIDADES


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox


SAÚDOS DOS MEUS ARTISTAS!

ATA A PRÓXIMA ENTRADA FAMILIAS!

domingo, 21 de enero de 2018

CANCIÓN PAZ 2018'

Estamos intentando aprender a canción para conmemorar o Día da Paz.
Queredes aprendela  con nós?
Esta é a canción que seleccionamos este ano.
Esperamos que vos guste! Bailemos e cantemos todos xuntos!
Ao ritmo de Morat e Álvaro Soler.

Aquí unha versión con letra, modo karaoke!
Ritmo familias!
CPI O FEAL - PAZ 2018

martes, 16 de enero de 2018

Cumpleanos de Xaneiro

Javier estivo de cumple a última semana de Decembro, pero á volta das clases quixo celebralo con todos/as os seus amiguiños/as. É o máis pequeno da clase, pero... coa súa enerxía, ninguén diría que é o máis novo!
Pola outra banda, o maior da clase e Iker Calvo, que cumple en Xaneiro, case se levan un ano! ja ja... Ambos celebraron en diferentes días os seus cumples 4 e 5 anos respectivamente.
Ainda que... Candela non entendía moi ben porque Javi cumplia ainda 4!!! Bendita inocencia!E insistiume en que tiña que poñer outra vela, que me estaba equivocando.
FOTIÑOS DAS CELEBRACIÓNS








Comezamos o 2º trimestre


Ola familias!
Xa estamos aquí de novo, aló vai a primeria semana despois das vacacións de Nadal.
Coustounos un chisquiño adaptarnos á rutina, pero esta semana xa estamos con ganas e máis atentos/as.
A entrada deste mes está adicada a explicarvos que contidos imos a traballar ao longo deste 2º trimestre.
Primeiramente, cabe sinalar que este trimestre é moi curtiño, abrangue dende o día 8 de Xaneiro ata o 23 de Marzo. 
O martes 30 de Xaneiro celebramos o día da Paz
O venres día 9 de Febreiro Festa de Entroido, mandatos do Meco ao longo desa semana,  e vacacións dende o 12 ata o 14 inclusive..


Qué imos a traballar?
 2º trimestre
Seguimos e seguiremos cos cadernos de lectoescritura de Santilla o Nº 2 e 3.: Identificación, recoñecemento, sonoridade e aproximación ao trazo de todas as vogais e presentación das consoantes en minúscula /m/ e /p/ a través de xogos e tarefas individuais e de grupo.
 
Caderno de lóxica-matemática. Presentaremos o nº 6. 

Proxecto de Arte: JACKSON POLLOCK.

 Proxecto dos Números: Proxecto dos números, adicado á siginificatividade dos mesmos na nosa vida cotiá, identificación, utilidade e localización dos mesmos. 

 Libro viaxeiro dos Números: Actividade sinxela e divertida que implica a participación das familias para o seu desenvolvemento, e posterior desfrute.

O Inverno: Características principais da estación e manualidades relacionadas coa mesma.


Proxecto Medieval: Este Proxecto abarcará o 2º e 3º trimestre, dado que os contidos son moi amplos e o 2º trimestre moi curto e non nos permitiría desfrutalo debidamente.

Para o desenvolvemento dos PROXECTOS Medieval e de Números mandarei nota informativa para a vosa participación, através da aportación de materiais para os Recantos.