martes, 16 de enero de 2018

Comezamos o 2º trimestre


Ola familias!
Xa estamos aquí de novo, aló vai a primeria semana despois das vacacións de Nadal.
Coustounos un chisquiño adaptarnos á rutina, pero esta semana xa estamos con ganas e máis atentos/as.
A entrada deste mes está adicada a explicarvos que contidos imos a traballar ao longo deste 2º trimestre.
Primeiramente, cabe sinalar que este trimestre é moi curtiño, abrangue dende o día 8 de Xaneiro ata o 23 de Marzo. 
O martes 30 de Xaneiro celebramos o día da Paz
O venres día 9 de Febreiro Festa de Entroido, mandatos do Meco ao longo desa semana,  e vacacións dende o 12 ata o 14 inclusive..


Qué imos a traballar?
 2º trimestre
Seguimos e seguiremos cos cadernos de lectoescritura de Santilla o Nº 2 e 3.: Identificación, recoñecemento, sonoridade e aproximación ao trazo de todas as vogais e presentación das consoantes en minúscula /m/ e /p/ a través de xogos e tarefas individuais e de grupo.
 
Caderno de lóxica-matemática. Presentaremos o nº 6. 

Proxecto de Arte: JACKSON POLLOCK.

 Proxecto dos Números: Proxecto dos números, adicado á siginificatividade dos mesmos na nosa vida cotiá, identificación, utilidade e localización dos mesmos. 

 Libro viaxeiro dos Números: Actividade sinxela e divertida que implica a participación das familias para o seu desenvolvemento, e posterior desfrute.

O Inverno: Características principais da estación e manualidades relacionadas coa mesma.


Proxecto Medieval: Este Proxecto abarcará o 2º e 3º trimestre, dado que os contidos son moi amplos e o 2º trimestre moi curto e non nos permitiría desfrutalo debidamente.

Para o desenvolvemento dos PROXECTOS Medieval e de Números mandarei nota informativa para a vosa participación, através da aportación de materiais para os Recantos. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario