sábado, 22 de diciembre de 2012

VACACIÓNS DE NADAL


VISITA DAS SÚAS MAXESTADES DENDE ORIENTE

                       

Chegaron cedo... ás 9:30 xa estábamos preparados coas nosas cartas (dado que fixemos 2, unha para entregar persoalmente e outra para casa... por si hai que "reenviar o correo" ás súas Maxestades) e fixeron a súa presenza nuha limusina branca, escoltados pola garda civil, saudaron a todos/as os nenos/as e mestres que alí estábamos.

Despois en diferentes quendas fomos facerlles unha visita. Entregamos a carta e agasallaronnos un conto e caramelos, despois regresamos á clase e merendamos doces típicos de Nadal e escoitamos villancicos... de súpeto! escoitamos unha gaita! o mestre Vicente e os maiores cantaron panxoliñas no corredor!! qué bonito! un día sen dúbida moi especial para todos nós. 

                         


Boas Festas a todos/as, desfrutade das vosas familias!
con moito cariño,

a Mestra Sandra

bo

nadal

miércoles, 19 de diciembre de 2012

CUMPREANOS


Hoxe celebramos o derradeiro aniversario de aula, e tocoulle a quenda a TIAGO. Por fin cumpríu 4 anos! Tratase dun cumpreanos dobremente especial, dado que o seu irmá xemelgo Martiño tamén o celebrou e ademáis... temos o Nadal á volta da esquina! 
Agora xa temos todos/as 4 anos, e somos xa moi maiores! 



e aquí estamos todos antes de comer o bizcoito!


sábado, 15 de diciembre de 2012

BOLAS DE NADAL


As bolas de Nadal das familas do Burgo xa chegaron!
e con moito agarimo
ó noso corredor quedou engalanado
seguro que os Reis Magos volo terán en conta!
Graciñas

            

miércoles, 5 de diciembre de 2012

O nadal está moi próximo...

Esta semana foi moi curtiña, pero fixemos moreas de cousas... comezamos a semana coa biografía de RUBÉN. Fixonos moita ilusión escoitar ao noso compañeiro contar cousiñas súas... todos estábamos atentos nin parpadexabamos! Gracias Rubén por ser como eres!


Esta foto é sen dúbida moi fermosa... mirade as caras que tiñan escoitando a Rubén! e como prestaban atención


Outra das cousas significativas que aconteceu esta semana foi que o luns apareceu un TRASNO DE NADAL, moi tímido que se escondía nun cucurucho vermello, seica... foi él quen nos agasallou a pizarra dixital e traballou a reo para colocala (ainda que deixou a clase un pouco patas arriba), e isa foi a nosa gran sorpresa dado que nós (4anos B) non tiñamos PDI, e agora poderemos disfrutar e empregar este recurso na aula. 
VOS PRESENTAMOS AO NOSO TRASNIÑO DE NADAL


E AQUÍ ESTÁ O NOSO AGASALLO: unha PDI



O NADAL pálpase por todo o cole... os corredores comezan a engalanarse, e nós comezamos a facer as nosas actividades plásticas, e adornar a aula e a nosa porta. Aquí vos amoso as postais que fixemos (de maneira libre) para o concurso do cole, se vos fixades todas son diferentes e non teñen nome para que sexa unha sorpresa cando estas postais cheguen aos seus respectivos fogares, tamén podedes ver a nosa portiña e a cristaleira da aula.

 


Por último, desexarvos a todos boa PONTE DA CONSTITUCIÓN!! lembrade preguntarlles algo da Constitución, estivemos falando sobre ela (sempre cousiñas que eles poidan asimilar e interiorizar adecuándonos ás súas idades) para conmmemorar este día levamos uns bonequiños ben chulos!
PARABÉNS AS FAMILIAS!
Esta semana xa recibín bastantes boliñas de Nadal, e estou moi abraiada cos resultados: son orixinais, creativas, moi bonitas... e nótase que vos aplicachedes moito. Os nenos/as están moi contentos e entusiasmados coas bolas que os compañeiros/as van traendo. Polo de agora non quixen amosar as que xa teño... estou esperando a telas todas e poder amosarvos o chulas que están quedando.
Gracias de antemán pola colaboración e implicación. 

sábado, 1 de diciembre de 2012

Imos ao cine e merendamos macedonia.

O mércores 28 tivemos a nosa 2ª saída aos cine CGAI da Coruña, onde visionamos varios contos dunha colección tiulada " Contos de Canadá"
Os contos eran sinxelos cargados de valores e emotividade para os máis pequenos/as, a súa curta duración fixo amena a sesión. Os que máis nos gustaron foi un conto dun ganso e outro de 3 gatiños que vivían cunha avoíña. Portámonos moi ben no interior do cine e prestamos moita atención, tamén cando saímos á rúa obedecimos ás profes e coma sempre no autobús pasámolo xenial.  
         
Ademáis de traballar a reo esta semana nos cadernos e que temos ao noso coidado unha nova flor no xardín a vogal e... decatámonos de que o Nadal está moi próximo, e temos que deixar todo preparado antes de irnos de vacacións.
Por iso decidimos tomarnos "un respiro" e xuntarnos ambas clases a degustar unha macedonia de outono (para coller forzas), composta de: iogur natural, zucre, mazá, uvas, noces e granada . Foi todo un éxito, comimos bastante, ainda que algúns compañeiros/as resistíanse a probala!! gracias á mestra Eva que nos botou unha man na elaboración da receita.




Para os vindeiros días todos/as os nenos/as levamos unha bola de Nadal para decorar coas nosas familias. Lembrade o que dixen na 1ª reunión de curso se alguén precisa algún material plástico que eu teña na aula non dúbide en pedilo por favor! pasade un bo rato cos vosos fillos/as facendo esta divertida actividade e deixade voar a vosa imaxinación e creatividade! aquí vos amoso unhas estreliñas que fixo unha compañeira miña que se chama Paula, cos seus rapaces xa fai uns cantos anos alá polas Rías Baixas (son estrelas) pero estou segura que algunha idea vos servirá para as vosas bolas...



RECADIÑOS
  •  Algúns nenos/as non levaron a carpeta, dado que as vin o venres pola tarde na aula, lembrade preguntarlle ao voso/a fillo/a se tiña que coller algo antes de saír do cole... así axudaremoslle a lembrar as cousas e á asumir pequenas responsabilidades dende idades temperás... é unha mágoa que algunhas familias xa non dispoñan desta actividade para o fin de semana!
  • Devolvede o traballiño da bola de nadal dentro da carpeta, recordade que o luns 10 inclusive, tamén se poden entregar.
  • Hai nenos/as que non trouxeron a carpeta do curso pasado ou unha nova, precisoa para meter os traballiños do 1º trimestre.
  • Non abriguedes moito aos nenos/as para estar dentro da aula (vai moito calor dentro dela).
Xa pra rematar... non olvidedes preguntar ao voso/a fillo/a que pasou este luns 3 de Decembro na aula. A profe tenlles unha sorpresa preparada...uns Reis Magos anticipados (por decilo dalgunha maneira) a ver que vos parece a todos/as, eu estou moi contenta coa boa nova. 


sábado, 24 de noviembre de 2012

PINTANDO CON ARTE!!


Esta semana imos amosarvos a todos/as a ARTE que temos na nosa clase pintando!

Como ben sabedes estamos aprendendo cousiñas de Luis Seoane, esta semana tocounos pintar unha obriña deste afamado pintor. Son moitas as obras plásticas que podemos facer dado que temos un ábano de posibilidades moi amplo... pero seleccionamos á obra FIGURA ROSA  pintada en 1973.

O fixeron xenial, pintamos todos ao mesmo tempo, e as misturas de pinturas ían rotando polos diferentes equipos, a profe dirixiunos moito, dado que cada anaco do cadro tiña que ir nunha cor diferente! traballamos as tonalidades rosas, lilas, morados... e traballamos a reo toda a mañá despois do recreo as nosas obriñas xa estaban secas, e puxémonos a perfilar e interpretar as líneas que tiña o cadro orixinal: pelo, ollos, boca, nariz, a saia... pero se queredes velo máis polo míudo, premede no vídeo e desfrutade dos resultados!!





Cabe sinalar qué non sempre as actividades plásticas poden ser tan dirixidas... dado que en infantil é moi importante que o neno/a dé renda solta á súa imaxinación e creatividade, manipulando e experimentando cos materiais plásticos, sen que o adulto o dirixa e o coaccione. No seguinte vídeo pódese observar como eles pintan con gran habilidade as súas propias produccións artísticas! e tamén se pode ver como pintamos a paleta de cores que nos enviou a nai de Adri para facela na clase!


Esta semana contounos a súa biografía Tiago e a semana pasada o fixo Hugo Vila, ambos estaban moi entusiasmados contando cousiñas sobre eles, e durante uns minutos foron os auténticos protagonistas da nosa aula.



Tamén a profe LOLA quixo ser protagonista coma Tiago e Hugo! e decidíu contarnos un conto moi chulo: "La cueva del Dragón", o cal tiña uns animaliños que sobresaían do conto (coma se estivesen vivos!), pasamos un bo rato con ela! despois fixemos uns debuxiños.
Gracias profe Lola!


RECADIÑOS PARA AS FAMILIAS
O mércores 28 de novembro temos saída.
Lembrade que os sobres de plástico teñen que ser devoltos! sen as notas no interior, dado que iso confundeme e non sei seas leichedes ou non, retiradeas do sobre unha vez lidas. Graciñas.

Boa semana a todos/as!

martes, 20 de noviembre de 2012

20 de Novembro Día Internacional dos Dereitos do neno/a


Hoxe 20 de Novembro conmemorase o Día internacional dos Dereitos do neno/a.
 Na clase estivemos  falando de cales son os dereitos que todo neno/a debe de ter e ademáis das obrigas que ten que cumprir.

Algúns dos DEREITOS dos que falamos hoxe son, o dereito a...
  • a igualdade.
  • a ter un nome.
  • a ter alimentación e vivenda.
  • a ser queridos e protexidos.
  • a poder ir á escola e xogar.
  • a estar protexidos contra o abandono e a explotación no traballo.      
                       (...e outros máis)

Para festexar o día, a mestra agasallounos unhas tarxetas qué tivemos que colorear e as
levamos para casa.




A verdade e que foi moita casualidade... pero para celebrar o día de hoxe... tivemos CONTA CONTOS. Nada máis e nada menos qué... A DRAGONA RAMONA! veu a contarnos un conto a todos/as as nenos/as de infantil, qué ao longo da mañá fomos en diferentes quendas a escoitar as súas historias tan maravillosas e entretidas. 


jueves, 15 de noviembre de 2012

IMOS DE EXCURSIÓN! e TEMOS UN COMPAÑEIRO NOVO!

Esta semana foi moi interesante, dado que realizamos a nosa primeira saída todos xuntos. Estábamos algo nerviosos pero emocionados! para algúns era a primeira vez que subían nun autobús, non fomos moi lonxe xa que pronto chegamos a área comercial.
O primeiro que fixemos foi... ir almorzar a unha cafetería uns churriños con chocolate (por iso de quentalo corpo antes!!) Qué non nos creedes pois premede no vídeo!  

                            

Cando rematamos de almorzar, accedimos a un espacio adicado ao mundo de DORA e os seus amiguiños; nesta área había diferentes actividades: crebacabezas xigante, debuxos de Dora para colorear, podíamos pintar con xiz na parede, movernos por estos espacios, tamén estaba a casa de Dora, vimos debuxos da propia serie, e xogamos no chan nunha especie de pantalla táctil xigante moi divertida...


Ademáis de pasalo moi ben! tamén nos quedamos moi abraidos co noso novo compañeiro FREDO, que é moi falador, pronto nos puxemos de leria con él e contounos de onde viña, como se chamaba o cole anterior, a súa familia... é o qué máis mediño nos deu foi a interpretación que fixo dos LEÓNS, ruxiu tan forte que  asustámonos todos! Estamos encantados coa nova chegada, por iso lle agasallamos un libriño de debuxos que fixemos entre todos/as.

BENVIDO FREDO!


Por último! contarvos que a semana pasada medrounos unha flor nova que se chama Mari Paz.
A vogal a, e moito máis díficil cas vogais i e u, ainda así estamos poñendo bastante interese e boa actitude a este novo trazo.



viernes, 9 de noviembre de 2012

LUIS SEOANE NO BURGO

luis
seoane
     
           

Como ben sabedes todos/as estamos investigando sobre LUIS SEOANE. Xa fai unhas cantas semanas  que comezamos, pero hoxe é a primeira vez que amosamos o que estamos facendo. Este vídeo serve para amosar a cantidade de materiais aportados polas familias para poder aprender sobre este pintor galego; son  numerosos os recursos que temos: láminas, libros, atril, pinceis, paletas de cores, bata de pintor, moita información escrita (de internet) impresa, fotografías... isto permitíunos crear un Recanto de Luis Seoane (de carácter temporal) para poder interactuar, xogar e manipular todos estes materiais.


Aprendimos algunhas cousas sobre él:
  • Tiña gafas.
  • Naceu en Bos Aires. Bos aires está en Arxentina e para ir ata alí fai falla desplazarse en barco u en avión.
  • Gustáballe moito pintar con cores fortes e moi expresivas.
  • Pintaba sobre todo mulleres (entre outras cousas).
  • Tiña unha morea de cadros.
  • Era moi polifacético dado que facía moitas cousas: era pintor, ceramista, poeta, grabador...
  • E xa sabemos o nome dalgún cadro: O gaiteiro, A chambra branca, A árbore, As mariscadoras, Muller sentada, o Emigrante...
  • Tamén sabemos que naceu en Bos Aires e que cando era neno, tornou a Galicia e instalouse en Arzúa (os seus pais eran de alí) máis tarde viviría na Coruña. E para lembrar que Luis Seoane cando era neno vivira en Arzúa, a nai de Antía Solla trouxonos a todos os nenos da clase queixo de Arzúa, e  marmelo que fixo a avoa Elisa  máis galletas e comimolo todo. Grazas a esta experiencia sempre nos lembraremos de Arzúa. Qué non nos creedes? pois mirade...


Pero... ainda nos quedan moitas cousas por descubrir!!

Para quen queira profundizar un pouco máis sobre Luis Seoane que saiba que a FUNDACIÓN LUIS SEOANE da CORUÑA inagurou unha nova mostra de Murais que amosa bocetos orixinais, fotografías de época, documentación de obras... esta exposición permanecerá aberta ao público ata o
16 de Xuño do 2013.

Lembrade que o Martes 13 de Novembro faremos a nosa 1ª SAÍDA, qué nervios! para ver a
DORA a EXPLORADORA.